![trubisletras 2016]()
Os bailes tradicionais serán os principais protagonistas do
Trubisletras que terá lugar este domingo - a partir das 18 horas - na casa da Cultura de Vimianzo. Con motivo da conmemoración do día das Letras Galegas, a asociación cultural Trubisquiñas organiza por primeira vez este festival de danzas ancestrais.
Para iso contarán coa colaboración dunha boa parte das entidades da Costa da Morte que teñen a súa propia escola de baile tradicional, tales como Pedras Miúdas de Lires, Faltriqueira de Muros, Terra de Sena de Cee, entre outras. Cada unha das agrupacións interpretará un baile tradicional.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)