Vimianzo recibe o premio á mellor entidade deportiva
          
    08:15 23/10/15 
            
 Fallo do xurado da sexta edición dos premios otorgados por Agaxede
A asociación galega de xestores deportivos - AGAXEDE - acaba de recoñecer o importante traballo do concello de Vimianzo que realiza no ámbito deportivo. E faino concedéndolle o premio Galicia á mellor entidade deportiva dentro da categoría de concellos de menos de 15.000 habitantes.
Neste sentido merecen ser salientadas as escolas deportivas municipais, centradas en achegar a actividade deportiva e física a todas as parroquias e a todas a idades, os equipamentos deportivos e a organización de distintas probas, a última o campionato galego de 10 km en ruta.
O acto de entrega dos galardóns será hoxe ás 20 horas no centro municipal da Fábrica en Oleiros. A concelleira de Cultura e Deporte, Marta Rey, recollerá o premio en representación do concello. En anos anteriores o galardón recaeu en municipios como o de O Barco de Valdeorras, Tomiño e Abegondo.
Novas relacionadas
- Preto dun milleiro de inscritos nas escolas culturais e deportivas do Concello de Vimianzo
 - Vimianzo e Cee demostraron que o atletismo xa é deporte de masas na Costa da Morte
 - Vimianzo bate marcas de afección polo atletismo.
 - Deporte e saúde con Dafit: Outono de sendeirismo
 
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
 - Concello de Vimianzo.