Luns. 29.04.2024
El tiempo

Vimianzo bate marcas de afección polo atletismo

Vimianzo bate marcas de afección polo atletismo
Saida da Carreira de Vimianzo-Foto-Correndo pola Costa da Morte

Esto de saír a correr é unha verdadeira paixón xa na Costa da Morte. Este pasado domingo, tiña lugar en Vimianzo a 2ª Carreira Popular do Circuito Correndo pola Costa da Morte, despois do éxito da estrea en Camariña. E a IV Pedestre Concello de VImianzo batía todas as marcas de participación con máis de 600 atletas. Non chegaron todos a meta, pero case medio millar completaron o seu circuito demostrando que pelexar contra o seu propio corpo é todo un desafío.

Ademais, o Club Deportivo Costa da Morte está tremendamente satisfeito pois xa superan os 210 inscritos no Circuito (só de adultos), para o que terán que disputar un mínimo de 6 probas. Outra proba do éxito do atletismo, doblando a cifra do ano pasado.

Os peques foron protagonistas na Carreira de Vimianzo-Foto-Correndo pola Costa da Morte Peques co tecnico de Vimianzo Victor Santos na Carreira-Foto-Correndo pola Costa da Morte

A gran proba dos 10K

Malia que os cativos son os que xuntan máis afección (hai que ver aos pais e nais como se volcan animando aos seus peques en plena carreira), seguen sendo a proba dos 10K. Estaban os grandes favoritos, como o campión do Circuito do ano pasado, Cristian Muíño; ou o vimiancés Míchel Antelo, que viña de facer un maratón espectacular na Coruña. E non fallou o coristanqués Muíño, do Club Os Muditos, que volveu subir o máis arriba no podio cun ritmo de 3’28’’ o km, por diante do carballés David Landeira, só 3 segundos por detrás, e Míchel Antelo, que chegou a 18 segundos do gañador.

Completaron o repóker outros dous atletas que estiveron escapados, o santiagués Manuel Nodar e o zasense César Vázquez.

David Landeira Cristian Muino e Michel Antelo na Carreira de Vimianzo-Foto-Correndo pola Costa da Morte Podio feminino na Carreira de Vimianzo-Foto-Correndo pola Costa da Morte

En féminas, partía a vimiancesa Teresa Castro como favorita, pero foi a carballesa Vanessa Lafuente a que, cun ritmo de 3’59’’ subiu ao máis alto do podio, que completou a herculina Eva Isabel Babiano.

Os 5K

Está collendo máis e máis sona a proba de 5K. Foron 82 atletas os que preferiron esta proba, algo máis explosiva e menos esixente. E a cousa case queda na casa. O vimiancés Damián Espasandín, de Dafit, quedou a só 17 segundos do campión, o santiagués Amador Pena, e superaba na recta dinal a Óscar Pazos, de Cambre. Quedou algo máis atrás o corcubionés José Manuel Lago, que comezou moi forte pero que foi de máis a menos.


Xa están todos pensando na seguinte proba, o 23 de maio en Dumbría.


Ambientazo na praza do Concello de Vimianzo para a chegada da Carreira-Foto-Correndo pola Costa da Morte O Olimpia de Cee participou na Carreira de Vimianzo

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios