![]()
Por segundo ano, a Deputación da Coruña convoca o
concurso de música infantil e xuvenil "Quero cantar" que
o ano pasado gañou Elsa de Colaxe e no que
participaron varios grupos da Costa da Morte.
O principal obxectivo deste certame é promocionar e difundir o uso da lingua galega así como a creatividade poética e musical dos rapaces. Tal e como se establecen nas
bases, no concurso poden participar todos os grupos musicais de ámbito galego que presenten e interpreten unha composición con letra e música orixinais e inéditas. Hai dúas categorías; unha infantil, na que concorrerán rapaces e rapazas de ata doce anos cun máximo de doce compoñentes. E unha categoría xuvenil para participantes de 13 a 16 anos, onde tamén poderá haber un máximo de doce participantes por grupo.
Premios
A Deputación da Coruña establece varios premios. Os cinco primeiros clasificados na 2ª fase de cada unha das categorías gravarán en estudio a canción co fin de editar un CD denominado Quero Cantar 17 por cada categoría.
O 1º clasificado de cada categoría gravará un videoclip da canción gañadora e recibirá 1.500€ para a adquisición de material musical (instrumentos, equipamento,...) e/ou productos culturais en galego (libro, discos, cine, téxtil, xogos,...). O 2º clasificado recibirá 1000€ para destinalos ao mesmo fin e o 3º, 500€.
O prazo de presentación das solicitudes remata o 20 de xuño de 2017. As solicitudes serán presentadas na sede electrónica da Deputación da Coruña ou no seu Rexistro Xeral.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Deputación