Volven os bocados máis saborosos do FIOT
08:12 30/09/16
Presentación da ruta "Dálle un Bocado ao FIOT"
O FIOT chega esta fin de semana a Carballo e con el virá a ruta de pinchos máis teatral na que participan un total de 14 locais hostaleiros e cafetarías da vila participan neste percorrido que invade de creatividade as tapas de Carballo os días de función de sala e que se unen baixo o lema "Dálle un bocado ao FIOT".
Como cada ano, os bocados poden ser tapas a 2 euros, mais tamén almorzos a 3 euros os días 2, 7, 9, 14, 16, 21, 22, 23, 28 e 29 de outubro. Entre todas as persoas que gocen coas delicias da ruta, sortearase unha noite de teatro para o FIOT de 2017, que consistirá en dúas entradas para asistir a unha das funcións do festival, ademais de cea, aloxamento e almorzo esa noite nun local carballés. A gañadora deste ano é Zoe Quintela Viña.
O obxectivo da ruta é o de complementar unha das citas culturais máis importantes do ano en Carballo, unindo cultura e gastronomía e facendo así partícipes a todos os veciños e veciñas das funcións do FIOT. O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, quixo manifestar a súa satisfacción por que ata 14 locais queiran participar na iniciativa; o alcalde, Evencio Ferrero, celebra que exista "esta simbiose entre escena, bar e economía que contribué a que o FIOT sexa algo singular".
Animación teatral nos locais
Ao igual que en anos anteriores, os veciños e veciñas que se acheguen aos 14 establecementos poderán tamén gozar con pequenas pílulas de teatro. A actriz carballesa Alba Bermúdez será a encargada de crear, coordinar e dirixir os sketches que se representarán nos bares, que contarán coa interpretación dos rapaces e rapazas afeccionados ao teatro de Coro Vagalume. O obxectivo é, segundo Bermúdez "sacar o teatro dos espazos habituais" a través de "happenings ensaiados" dun par de minutos de duración cos que invadir os locais con moita diversión.
Nos locais que ofrecen almorzos as intervencións serán polas mañás, mentres que no resto, pola noite ou tamén á hora do vermú. O número de actuacións estará repartido de forma equitativa entre todos os establecementos da ruta, para que todos os veciños e veciñas podan ver o espectáculo.
Establecementos participantes
Cervexaría A Bombonera, cafetaría Pazo da Cultura, A Barra bar, vinoteca Ánfora, restaurante Oasis, café Valle Inclán, cafetería Abastos, cervexaría Dublín, cafetaría Xorima, cervaxaría Ágora, mesón A Cabaña, mesón O Casino, café Colón e o taller de repostería Tomasa serán os locais que participen na ruta "Dálle un bocado ao FIOT".
Novas do FIOT
- FIOT 2016: A Rúa dos Contos chega con dezaseis espectáculos cargados de humor
- FIOT 2016: O Fiotiño ponse en marcha esta fin de semana coa “Noite branca no teatro”
- FIOT 2016: 34 espectáculos no menú das vodas de prata FIOT
- FIOT 2016: O FIOT celebra as vodas de prata en clave de humor.
- FIOT 2016: Miguel de Lira, Xograr de Outono do FIOT 2016.
- FIOT 2015: As cifras do FIOT: 10.000 espectadores, 99 actividades, 14 estreas para un 8 sobre 10.
- O FIOT entregou o Xograr de Outono a Susana Dans
- Carballo volve darlle un Bocado ao Teatro coa ruta de tapas e almorzos do FIOT
- A 24ª edición FIOT nunha exposición en Versión Orixinal.
- Fin de semana de estreas no FIOT.
- Xurxo Borrazás celebrou o Día do Teatro nos Premios María Casares.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- FIOT