Xuvenís: O Xallas asegura a súa praza e o Cee acariña a Fase



Boa xornada esta con 3 partidos de poder a poder na Liga dos de arriba. Pelexou o Ponteceso ante o potente Xallas pero quedou sen premio. O Xallas asinou así o seu pase á Fase de Ascenso á Liga Galega con 3 xornadas de marxe, e tras sumar 22 vitorias e 1 empate no que levamos de tempada.
Tamén galou, pola mínima, o Cee en Louro, e acariña a Fase de Ascenso. Quedan os ceenses con 5 puntos sobre o cadro pontecesán, que necesitaría unha boa carambola para meterse na Fase. Tería que vencer a vindeira semana ao Cee por máis de 2 goles, vencer nas dúas últimas xornadas e esperar que o Cee perda ante o Baio ou o Xallas na última xornada. Máis complicado teno aínda o Cabana, un punto por debaixo dos pontecesáns e sen posibilidade de enfrontarse ao cadro de Cee.
Liguilla Previa de Ascenso, xornada 7
Cabana - Baio (2-2)

- Cabana: Diego (Darío), Martín, Pipa, Aurelio, Carlos (Bieito), Mateo (López), Álex, Ferreiro, Julián, Santi, Pablo.
- Baio: Jose Manuel, Queiro, Sergio, Jose Antonio, David Mohedano, Alberto, Brandon, Cristian, Regueira, Santi Moreira e Anxo. Tamén: Estefan, Javier Muíño, Ayoub, Michi e Iago.
- Goles: 1-0, m.48: en propia porta; 1-1, m.70: Estefan; 2-1, m.81: Ferreiro desde 40 metros; 2-2, m.89: Anxo tras unha boa xogada.

Igualdade máxima
As Redondas foi testigo dun partido xogado de poder a poder polos dous conxuntos de Cabana e Baio, que se vían as caras por cuarta vez no curso. Antes do inicio do partido gardouse un minuto de silencio pola morte do avó do xogador do Baio, Luís e polo tío do delegado e axudante cabanés Marcos Lois.
Foi un partido con dúas caras moi diferentes, unha primeira parte cun Cabana dominador pero sen profundidade, e unha segunda donde o Baio en liñas xerais foi mellor e mesmo se puido levar a vitoria.
O primeiro tempo estivo dominado polos locais cun Baio que non se arredaba e daba conta da súa portería ante o acoso local. Estes gozarían das mellores oportunidades neste primeiro tempo.
A volta dos vestiarios adiantariase pronto o equipo local cun gol en propia meta de Sergio. Espabiláronse os visitantes e conseguiron empatar por medio de Estefan e mesmo poideronse poñer por diante nos minutos seguintes pero unas veces Darío e outras a defensa local conseguían afastar o perigro.
Recompuxose o Cabana e volviu a coller a iniciativa ante un CD Baio que tamén respostaba con contras moi perigosas. Tranformouse o partido nun ir e vir que desequilibrou Peludo cun gol de auténtico crack: condución e remate desde fóra da área no que nada pudo facer Jose Manuel. Entraba o partido nos últimos minutos e os visitantes non se conformaban ca derrota. Buscaban unha ultima opción para empatar. Esta chegou nos pés de Anxo (xogador que dentro da área para o tempo e visualiza cara o que outros vemos escuro) cruzou ao pao longo tranformando en gol case a ultima oportunidade do partido.
Xusto reparto de puntos entre dous conxuntos que cumpriron os obxetivos de sobra nesta temporada regular e donde todo o que venha e un agasallo pos dous.
Non deixamos esta crónica sen lembrarnos de Alberto Pombo xogador da SD Cabana e que tras operarse a semana pasada, todos agardamos a sua pronta recuperación para que siga dando guerra nas próximas campañas.

Montelouro - Cee (0-1)

- Montelouro: Joaquín, Cristian (Adricc, m.75), Borja, Sergio, Bouzas, Adri, Xanma, Junjo, Alexis (Javi, m.80) Anxo e Bertín.
- Cee: Paulo, Adrián (Iván, m.77), Senlle, Borja, Tivi, Castillo (Soto, m.66), Chema, Hugo, Isma (Toño, m.77), Xabi (Pablo, m.85) e Alex Castro (Saulo 57).
- Gol: 0-1, m.72: Saulo.

Sufrindo e acariñando a Fase
Partido de poder a poder en Agra da Filgueira, cun Mntelouro que vendeu cara a súa pel competindo ata o último suspiro. Foi o Cee o que levou o peso do partido, mantendo o control do balón en todo momento aínda que o dominio non se traduciu en máis goles por falta de profundidade ofensiva, e polo bo traballo defensivo dos locais.
A mellor ocasión chegou dende os 11 metros, pero Tivo mandou ao longueiro. Marcou Saulo a 20 do final e nos últimos intres do encontro o Montelouro tivo dous acercamentos perigosos que remataron fóra.
Ponteceso - Xallas (0-1)
- Ponteceso: Damián, Luca, Ismail, Jorge, Villar, Aarón, Alberto, Cacha, Eloy (Loureiro, m.15:)(Yago, m.70) Aday e Jose Ángel.
- Xallas: Koke, Raúl, Pablo, Rubén, Xoel, Alberto, Carlos (Óscar), Thiago (Juanjo), Anxo, Sergio Berbeira e Santi Díaz.
- Gol: 0-1, m.70: Santi Díaz culmina unha contra.
- Lesión: o pontecesán Eloy. Afortunadamente, tras visitar o hospital, só foi un golpe no xeonllo.
De poder a poder
Sufríu o Xallas para sacar os 3 puntos do Pinguel ante un bo Ponteceso, demostrando ser dous dos mellores equipos da categoría, entre os que houbo moito respecto e “bo rollo”.
Minutos inicias de respeto e tanteo sen dominador claro. Foise estirando o Xallas e creando perigo arriba sen fortuna. A volta de vestiarios un pouco máis do mesmo. O Xallas saía con velocidade buscando is tres de arriba e o Ponteceso pretendía combinar máis pero sen profundidade, e ademais sufría a lesión de Eloy.
Adiantouse o Xallas nun contra que finalizou Santi Díaz, e nos últimos 20 minutos os locais controlarían o balón ante un Xallas ben replegado que non permitía demasiado perigo. Iso si, un córner final puxo contra as cordas ao líder, que saiu vitorioso, e firma así a súa indiscutible presencia na Fase de Ascenso á Liga Galega, que ten que ser obxectivo claro do equipo tras toda unha campaña sen perder partido.
Liguilla Copeira Xuvenil, xornada 6
Camariñas - Coristanco (2-0)
- Camariñas: Brais Nion, Gabriel, Espi, Miguel, Facundo (Pablo Mouzo, m.50), Pablo Suarez, David (Chicote, m.60), Joseba, Alvaro (Pifo, m.70), Adrian Bardanka, Brandon.
- Goles: 1-0: Adrián; 2-0: Adrián.
Contra vento e marea
Consideran os de Coristanco que non se debería ter xogado o encontro polo temporal, pero a realidade é que si se xogou e o Camariñas quedou cos puntos. Así e todo foi un precioso e competitivo partido, loitado ata o final e no que o acerto car gol foi determinante para os locais. Foi Adrián, quen se non, o decidiría o choque con dous tantos.
Outes - Corcubión (3-0
- Outes: Alex, César, Cutu, David, Brión, Adrián (Saúl), Simón, Fabio (Sergio Nieto), Adán, Santi e Fran (Serxio, m.46).
- Corcubión: Maikel, Porto, Isma, Samu, Mesejo, David, Carlos, Joselu, Dani e Rama.
- Goles: 1-0, m.49: Cutu de penalti; 2-0, m.52: Santi de tiro cruzado; 3-0, m.57: Simón de remate de cabeza tras saque esquina.
Ante 10
Chegaba con 10 o Corcubión, que aguantou case unha hora de xogo ata o discutido penalti ao comezo da segunda metade, feito que marcou o resto do partido, pois o cadro visitante foise arriba descoidando a defensa.
O campo estaba anegado polos laterais. O Outes sufría para facer dano aos motivados corcubioneses e ademais intentaban entrar polas bandas e non era sinxelo. Na segunda, tralo gol, abríronse as portas da área visitante para o Outes, que sentenciou pronto.
Os Miúdos - Castriz (2-0)
- Os Miúdos: Xandre, Lize (Dani), Yeray, Jose, Gael, Raúl, Miguel, Pesky, Flavio (Manuel), Bruno (Óscar) e Xavi (Gesto).
- Castriz: Víctor, Rubén, Richi, Álex, Julián, Brais, Martín (Javier E.), Miguel, Elías e Ismael.
- Goles: 1-0, m.35: Miguel aproveita un rexeite do meta Víctor; 2-0, m.75: o cadete Miguel de penalti.
Pouco interese
Pouco fútbol no Eleuterio Balayo, cun xogo demasiado embarullado e moito balón longo, no que foron os muradáns máis fortes nas segundas xogadas. O cadete Miguel foi protagonista marcando antes do descanso, e marcando ao comezo da segunda dende os 11 metros.
Os visitantes foron quen de facerlle fronte a un equipo moi ben colocado no campo. Os de Castriz creaban peligro polas bandas pero o campo bastante encharcado polos lados impedía claridade nas xogadas. Adiantouse no primeiro tempo o cadro muradán, e os visitantes seguían chegando, pero sen acerto, ata que a falta de 15 minutos para o final o colexiado sinalaba unha pena máxima mentres os visitantes se preguntaban iso de "quen agarra a quen?".
Aínda non tirou a toalla o Castriz e Julián fixo lucirse a Xandre.
Zas - Fisterra (4-5)
- Zas: Hadrián, Rubén, Brais, Ternande, Boli, Pedro, Adrián, Manu, Elías, Álvaro e Andrés. Tamén xogaron: Andy, Manu Laxe e o cadete Christian.
- Fisterra: Aarón (Xose), César (Andrés), Fabián, Juanfran, Papin, Asier, Pichino, Gabi da Anchoa, Gonzalo, Breixo e Iván (Dani).
- Goles: 0-1: Breixo de cabeza; 1-1: Manu a balón parado; 2-1: Manu a balón parado; 2-2: Asier tras un rebote; 2-3: Brais; 3-3: Breixo; (descanso); 3-4: Breixo; 4-4: Elías; 4-5, m.88: Breixo marca un golazo.
- Expulsións: os locais Brais e Pedro.
De gol en gol
Partido disputado nun campo en malas condicións que facían casi imposible circular o balón polo verde. Así e todo foi un partido de tolos, de ida e volta, cunha marea de goles e bonito para o espectador pero unha dor de cabeza para os adestradores. Na primeira metade cada chegada era un gol, con alternativas no marcador, e co Zas algo débil atrás.
Breixo foi o protagonista do choque foi Breixo, que ademais de marcar 4 tantos, anotou o último, e un golazo, case que co tempo cumplido para decidir os puntos.
Novas relacionadas
- X.6: Aínda hai loita viva.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).