xoves. 01.05.2025
El tiempo

Zas percorre a parroquia de Meanos a través da rede

Zas percorre a parroquia de Meanos a través da rede
Volvemos de visita polo concello de Zas a través dunha nova entrega de "Zas polo miúdo"; un programa da concellería de Cultura no que se dá a coñecer os valores naturais e culturais do municipio a través da rede e grazas á documentación elaborada por Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema. Nesta ocasión imos ata a parroquia de San Martiño de Meanos, a máis extensa do municipio e que contaba no 2016 con case 500 habitantes. Un dos seus elementos máis destables é a igrexa parroquial con formas que se corresponden coa arquitectura barroca do século XVIII. No ano 1990 descubriuse no seu exterior, durante unhas obras de restauración, un santo Cristo xigantesco que fora enterrado, posiblemente ao ser retirado do culto, baixo o chan dunha das construcións acaroadas á igrexa. Trátase dunha imaxe pétrea de 1,43 metros de altura crucificado con tres cravos sobre unha cruz que xa non se conserva. cristo-meanos No ano 1990 descubriuse no exterior da igrexa parroquial de San Martiño de Meanos un santo Cristo xigantesco Na parroquia de Meanos tamén se ubica o pazo das Edreiras, onde confluíron os apelidos fidalgos dos Bermúdeze dos Leis, que presenta unha aparente planta en L e no seu interior destaca a cociña con lareira, e a antiga tulla, hoxe reconvertida en sala de estar. Segundo recollen Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema, en Meanos tivo lugar un curioso feito histórico: o preito que orixinou o millo vido de América entre dous veciños "innovadores" e outros 28 que se senten prexudicados, feito do que se fala nun curioso documento de 1684 e que foi publicado polo historiador xalleiro B. Barreiro Mallón, no seu libro "La Jurisdicción de Xallas en el siglo XVIII" (1978). Musicalmente falando, a parroquia de Meanos foi un referente entre os anos 40 e 50 xa que había unha banda de música formada por veciños do lugar e da contorna, case todos labregos de profesión. A Atalaia, As Edreiras (que civilmente pertence a Meanos e eclesiasticamente a Santo Adrián de Castro), Froxán, Langueirón, A Mámoa, Maxín, Meanos, Rial de Arriba, San Martiño, Vila e Vilar de Lamas son os lugares que compoñen a parroquia de San Martiño de Meanos. Máis información: Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Zas

Comentarios