1ª Autonómica: Unha xornada de vermello e azulón
09:27 21/12/15
O Sofán impuxo o vermello en Pedra Queimada-Foto-SD
A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
Sofán e Corme foron os protagonistas da xornada na 1ª. O cadro de Josito venceu con solvencia en Pedra Queimada no derbi bergantiñán ante un Malpica con moitas baixas.
E o Corme alcanzaba unha gran vitoria ante un dos de arriba, todo un Unión de Asados, que lle permite alcanzar ao Malpica con 15 puntos, rozando aínda o descenso, pero demostrándose que pode competir con calquera.
O Soneira, a pesar de xogar un bo partido, acabou perdendo contra o Sigüeiro e cedendo o liderato da categoría trala vitoria do Cordeiro.
E ollo ca xeira do Outes, que está a só 9 puntos do liderado…
Lesende 0-2 Outes
- Outes: David, Borja, Samu, Maroñas, Pose, Pablo (Babu), Martín, David, Piki (Cutu), Mario (Álvaro) e Yago (Jura).
- Goles: 0-1, m.38: David pola escuadra dende 30 metros; 0-2, m.55: Yago no man a man.
Baio 1-1 Carcacia
- Baio: Pablo, Fachal, Yago, Porto, Luís Alvite, Peke, Nórber, Brais, Saleta, Rubio e Luís (Moreno, m.88).
- Goles: 0-1, m.25; 1-1, m.56: Norber.
Malpica 0-3 Sofán
11 do Malpica ante o Sofan-Foto-SD
- Malpica: Asier; Dímaga, Martín Uru, Kike, Casais, Carlos Mallo, Eme, Petís, (Vitalie, m.72), Adrián Rei, (Sergio, m.46), M. Mara e Charro.
Foto do Sofan ante o Malpica-Foto-SD
- Sofán: David, (Brais, m.75), Adrián, Sito, (Raúl Insua, m.67), Seo, (Álex Pri, m.46), Félix, Rubén, (Álex Varela, 72), Martín, Franchu, (Ceide, m.60), Luisito, Iván Rey e Javi Doldán.
- Goles: 0-1, m.37: Javi Doldán a pase de Franchu; 0-2, m.51: Álex Pri define por debaixo das pernas no man a man; 0-3, m.56: Iván Rey tamén aproveitando un bo desmarque e un pase entre liñas.
- Expulsión: o malpicán Eme no m.69.
Malpica-Sofan-Foto-SD
Aguantou o que puido
Malpica-Sofan-Foto-SD
Clara vitoria da SD no derbi bergantiñán disputado en Pedra Queimada ante un Malpica con demasiadas baixas para manter o ritmo. Aguantou case unha parte o cadro de Chema Rivadulla facendo un bo traballo defensivo, pero o gol de Javi Doldán tras un gran pase de Franchu, foi clave para o devir do partido. Xusto un minuto antes o Malpica dispuxera da súa mellor ocasión tras unha boa xogada combinada que remataba cun chut forte de Eme.
Intentou estirarse o Malpica, pero a SD seguía dominando o balón e en dúas boas internadas entre a defensa, Alex Pri e Iván Rey sentenciaban.
Sigüeiro 2-1 Soneira
- Soneira: Bonano, Brais, Alberto, Aarón, Figueroa, Mayor, Óscar, Sandelo, Richi, Javito e Basti. Tamén: Josiño, Maikel, Nazo, Darío e Vía.
- Goles: 0-1, m.6: Basti marca un golazo á reviravolta pola escuadra, ao puro estilo Lucas; 1-1, m.12: de centro-chut; 2-1, m.76.
O Soneira de negro en Sigüeiro-Foto-SD
Cedendo o liderado
Volveu de baleiro o Soneira a pesar de ter feito un bo partido. E comezaba espectacular, con moito ritmo e un golazo de Basti. Tivo Alberto un remate de cabeza pero xa antes do cuarto de hora o cadro local empata cun centro que se envelena e se cola na portería de Bonano. Era un toma e daca. Brais tiña un remate de cabeza, pero o marcador ficarían en táboas ao descanso.
Volvía saír forte o cadro de Manolito, pero nin Richi de falta nin de cabeza; nin Javi dende lonxe, eran capaces de romper a igualada.
Co Soneira volcado chegaba a xogada polémica. Richi, dispara, o porteiro rexeita e aparece Óscar para empurrar dito rexeite ó fondo das mallas. O asistente ve fóra de xogo e o gol anúlase.
Un par de minutos despois o Sigüeiro aproveita a única ocasión clara en toda a segunda metade para poñer o 2-1. E de aí ata o final, máis con corazón que con cabeza, o Soneira volcábase por un empate que non chegaría.
Unión 2-4 Corme
- Corme: Suso, Dani, Miguel Torrado, Alejandro, Brais Torrado (Adolfo,m .72); Adrián Doldán, Brais, Juan Chans, Eloy, Lucas e Toniño.
- Goles: 0-1, m.32: Lucas falla un penalti pero marca o rexeite do porteiro; 0-2, m.41: Juan Chans tras unha fantástica xogada persoal; 1-2, m.48; 1-3, m.62: Juan Chans marca outro golazo; 2-3, m.75; 2-4, m.81: Lucas marca outro golazo en xogada persoal.
Crónicas da 1ª Autonómica
- X.1: O Soneira colócase líder pero a Costa mereceu máis.
- X.2: Un Soneira imperial.
- X.3: Recital dos sonei-boys.
- X.4: Unha dupla que vale un liderato.
- X.5: 6 minutos de acerto.
- X.6: Así tamén vale.
- X.7: Sequía entre baños.
- X.8: Intratable Soneira nunha negra xornada costeira.
- X.9: Que bonitos son os derbis costeiros.
- X.10: O Cunchido, pesadelo do líder.
- X.11: E o Outes tomou o Carral.
- X.12: Os derbis son cousa do Outes.
- X.13: A semana sen sentido.
- X.14: De ouro no Platas.
- X.15: Os derbis fan servizo.
Crónicas da semana
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).