2ª Autonómica: A unha milla do ascenso
14:16 25/04/16
Impresionante ambiente en Ara Solis para ver o Fisterra-Cee ante os Rapacollóns-Foto-Darío Gómez
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Xornada fundamental esta para a a Liga da Costa. Coa emotivadade a flor de pel celebrouse un ninuto de silencio polo falecemento de Abdoulaye en todos os campos, e o máis emotivo o de Ara Solis, onde estaba o presidente do Muxía presente, e a ovación das 2000 persoas fixo tremer os cimentos das emocións.
Era un dos dos partidos da xornada, e case da temporada, pois meter a 2000 persoas nun campo de 2ª Autonómica non é doado. Pero a afección verde está volcada co seu equipo, que queda a un paso do título e do ascenso. I é que no outro gran foco de atención, o San Lorenzo, despois de borrarse da loita polo título, endosou unha vitoria ao Zas que lle pode significar un título aos zaenses, pois se vence o Fisterra en Camariñas a vindeira xornada, será matematicamente campión da Liga da Costa 2015/2016. O barco fisterrán rema cara bo porto.
Por abaixo, a cousa tamén está ben rabuda. Os devanditos arrastres poñen en perigo (se non hai ascensos dos equipos que promocionen da 1ª ou desta 2ª) a 3 equipos, ademais dos xa descendidos Cabana e Carnota. O Volantes dicía practicamente adeus á categoría nun partido de infarto que parecía que tiña gañado. Do resto de equipos implicados só vencía o Buño, que respira, deixando atrás a Porteño e Ameixenda, que se complicaron a vida con sendas derrotas. Aínda o Coristanco, despois de verse superado polo Buño, non pode respirar tranquilo.
Quedan dúas xornadas de verdadeiro fútbol da Costa.
Porteño - Ponteceso (0-1)
11 do Porteño ante o Ponteceso-Foto-Sd
- Porteño: Martín, Manu, Pejo, Jorge, Gabi, Canosa, Quilmes, Cachi, Abel, Mario Toja e Iago.
11 do Ponteceso na Grixa-Foto-SD
- Ponteceso: Xurxo, Juanma (Adrián, m.78), Charly, Baba, Pablo Regueiro, Iago, Mendieta, Yago (Ismail, m.60), Dieguito, Nando, Youssef (Iván, m.82).
- Gol: 0-1, m.63: Iago de penalti.
Porteño e Ponteceso gardando un minuto de silencio por Abdoulaye- Foto - CF
Xogando con lume
Necesitaba os puntos o Porteño para sair do pozo, pero atopouse cun Ponteceso moi entonado, dominador, que se adaptou ben ao tapete da Grixa. Primeira metade sen apenas ocasións e un Porteño que parecía con medo a cometer erros.
Na segunda, un penalti decidiría o choque a favor dos pontecesáns. A partir de aí tivo o Porteño 10 minutos de perigo, e con varias accións a balón parado tivo moi preto o empate. Derrota que deixa ao Porteño en situación complicadísima.
Imaxe do Porteño-Ponteceso-Foto-SD
Cerqueda - Cabana (1-2)
- Cerqueda: Diego Dourado, Sergio (Bastón, m.70), Dani, Javi Pazos, Jon, Guillamet (Darío, m.46), Fernando, Brais (Javi Gemelo, m.46), Eloy, Lorenzo e Martín.
- Cabana: Vázquez, Grille (Rubén, m.77), Jose, Ismael, David, Adrián, Alejandro, Manolo, Christian (Michael, m.77), Daniel (Diego, m.82) e Fernando.
- Goles: 0-1, m.44: Fernando; 0-2, m.53: Jose; 1-2, m.76: Javi Gemelo.
Cerqueda-Cabana no minuto de silencio-Foto-Cerqueda
Partido estrano
Segunda vitoria para este Cabana, xa descendido dende hai tempo, ante un Cerqueda adurmiñado. Comezou moi ben o equipo de Míchel e Pablo, máis metidos no partido, que fixo sufrir ao Cerqueda nos primeiros minutos. Tímidas chegadas non remataban en gol polas imprecións dos dianteiros e as boas actuacións dos porteiros, ata que ao fío do descanso Fernando abría o partido marcando para o pechacancelas, xusto despois de que o cerquedán Martín mandase un remate ao longueiro.
Adiantaba filas o cadro local e saía con máis intensidade, pero nun córner o Cabana anotaba o segundo (entraban as que non quixeron entrar durante toda a Liga). Foi un mazazo para os locais que o intentaron ata o final, recurtaron pero non puideron chegar ao empate.
Cerqueda-Cabana-Foto-Cabana
Fisterra - Cee (3-0)
Impresionante ambiente en Ara Solis-Foto-Darío Gómez
- Fisterra: Norberto, Piti; Dani (Manuel Cartamil, m.70), Roco, Robertín, Cote, Rodrigo (Julito, m.65), Bruno (Abel, m.65), Jesús, Adrián Makaay (Adrián, m.80) e Mané (Pablo Lestón, m.55).
- Cee: Ángel, Nico, Jacobo, Jorge (Andrés, m.75), Borja, Xavi (Álex, m.70), Aitor (Josema, m.65), Leo, Chiru e Lamela (Penedo, m.55).
- Goles: 1-0, m.15: Jesús; 2-0, m.35: Adrián Makaay marca un golazo impresionante de volea; 3-0, m.65: Adrián Makaay de penalti.
Emotivo minuto de silencio en Ara SolisFoto-Dario Gomez
O Capitán apareciu ante a marea verde
2000 persoas son moitas persoas “dedios” para un partido da 2ª Autonómica. E Ara Solis volveu ser un sambódromo espectacular, cunha afección incrible, que ademais demostrou o maior do respectos cun minuto de silencio que puxo os pelos de punta, en presencia do presidente do Muxía Felipe Vilela.
Arrincaba o choque pero a presión parecía facer mella nos de Nacho. Custoulle entrar no partido ao ao cadro fisterrán ante un Cee, cheo de xuvenís, que deu unha boa imaxe ante un equipo bastante superior, pero que non tivo fe para facerlle dano a un Norberto que parece que leva un mes de vacacións.
Marcou Jesús e mellorou algo o equipo, pero aínda así non estaba ben o cadro local. E cando máis o necesitaba, apareceu o capitán, cun golazo espectacular, tras controlar co peito un balón de saque de banda, empalmar de volea e arrincar as telarañas da escuadra.
O Capitán Adrián Makaay volveu aparecer para marcar, por partida doble, co Fisterra-Foto-Dario Gomez
Cambiou o partido este tanto, pois o Cee veuse lixeiramente abaixo e o Fisterra comezou a combinar con tranquilidade. O propio Adrián Makaay marcaría outro tanto que lle serve na súa loita polo pichichi (repasarémolo esta semana) con David Blanco, que ademais non podía xogar en Verdillo.
Así celebraban a vitoria os fisterráns ante o seu público:
[fbvideo link="https://www.facebook.com/lauracastreje/videos/10206089145054260/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
Castriz - Carnota (4-0)
- Castriz: Añón, Miguel Suárez (Martín, m.65) Maneiro, Alberto (Sergio, m.75), Chinda, Bruno, Luís (Iván, m.15), Darío, Fabián, Bolón e Elías (Mata, m.55).
- Carnota: Andrés, Berni, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Adrián, Jose Ángel, Nakata, Oreiro, Oli Adrián e Cibrán (Manuel Luís, m.50).
- Goles: 1-0, m.3: Darío; 2-0, m.51: Chinda; 3-0, m.60: Bolón; 4-0, m.75: Fabián.
- Expulsión: Pedro Pichín por protestar un posible fóra de xogo no terceiro gol.
San Lorenzo - Zas (3-0)
- San Lorenzo: Javi, Isaac, Juanjo, Rudy, Kevin (Dani Pena, m.75), Taibo (Anxo, m.73), Fraga (Mario, m.46), Álex Figueiras, Juni (Javi Puñal, m.8), Parafita e Luís (Adri, m.70).
- Zas: Bugy (Tívoli, m.55), Rubén Forján, Braulio (Adri, m.40), Josito, Diego F., Sande (Martín, m.71), Isma, Manu, Rubio, Dani e Chapela (Dieguiño, m.12).
- Goles: 1-0, m.60: Mario aproveita un pase de Luís; 2-0, m.66: Parafita a pase de Juni; 3-0, m.82: Parafita a pase de Ález Figueiras.
- Expulsión: Rubén Forján no m.3.
- Lesións: os visitantes Chapela, Braulio e Bugy.
Baíñas - Mazaricos (0-0)
- Baíñas: Joselu, Matías, Samuel (Pablo Rey), Mario Casal, Carlos, Jorge, Dani Casal, Cristian, Javi Suárez, Eloy Cabeza (Héctor) e Taski (Tantán).
- Mazaricos: Iván, Miguel (Molinos, m.60), Marcos, Matías, Ricardo, Pereiro, Ferreiro (Martín, m.75), Brais (José Ángel, m.65), Estéfano, David (Raúl, m.80) e Chenel.
Ameixenda - Esteirana (2-4)
- Esteirana: Ponte, Anxo, Sui, Rafa, Toby, Adrián (David), Martín, Pachín (Xian), Pablo, Álex e Campos (Carlos).
- Ameixenda: Óscar Riolo, Jorge, Demetrio, Bruno, Javichu, Samuel (Brais, m.46), Jesús, Grille, Brais, Borja e Rafa (Trillo, m.53).
- Goles: 0-1, m.36: Pablo; 0-2, m.42: Álex; 0-3, m.60: en propia meta tras un tiro de Pablo; 1-3, m.68: Brais; 1-4, m.70: Carlos, o cadete, marcou un golazo dende fóra da área; 2-4 m.90: Brais.
- Expulsión: o esteirán Rafa no m.75.
Volantes - Camariñas (3-4)
- Volantes: Caamaño; Juan do Sivil, Álvaro (Yanki, m.89), Dani, Javi, Pardelo, Andel (Julio, m.63), Álex, Mou, Ivi e Ramón.
- Camariñas: Pablo, Niko, kevin (Joseva, m.50), Maikol, Rodrigo, Paco, Moriño, Sabiola (Sancho, m.46), Vieites, Sule e yuyo.
- Goles: 0-1, m.25: Yuyo; 1-1, m.37: Juan do Sivil; 2-1, m.48: Dani; 3-1, m.62: Andel; 3-2, m.67: Yuyo de penalti; 3-3, m.77: Niko; 3-4, m.78: en propia meta.
- Expulsións: Juan do Sivil e Yanki no m.89.
Coristanco - Buño (1-4)
- Coristanco: Marcos (Joni, m.50), Rubén (Damián, m.60), Iván, Mato (Jorge, m.50), Pablo (Samuel, m.50), Lagoa (Toni, m.55), Ivi, Gonzalo e Magovi.
- Buño: Toni, Miguel, Dimitri, Eloy, Fran, Emilio (Castro), Jordan (Pedro), Dani Calvete, Alex (Gurita), Richard e Víctor (Pablo).
- Goles: 0-1, m.29: Víctor de cabeza nun corner sacado por Fran; 0-2, m.36: Eloy de cabeza unha falta sacada por Dani Calvete; 0-3, m.41: Dani Calvete nun rexeite dentro da área; 1-3, m.60: Ivi; 1-4, m.75: Víctor nunha indecisión da defensa.
Novas relacionadas
- Crónica de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Consternación costeira pola morte dun xogador do Muxía de 15 anos.
- Os arrastres provocarían a día de hoxe o descenso de Xallas, Baio, Corme, Buño, Ameixenda e Volantes.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).