3 costeiros concéntranse no Conco ca Selección Galega de Volei


Durante os próximos días 7, 8 e 9 de febreiro as Selección Galegas de voleibol estarán concentradas para preparar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que este ano se celebra do 30 de marzo ao 2 de abril en Murcia. Unha delas, a infantil masculina, o fará na localidade costeira de Dumbría onde terán a súa disposición o albergue e as magníficas instalacións deportivas do Conco.
Como vén sendo habitual nestes últimos anos, 3 xogadores da nosa comarca estarán presentes entre os convocados. Na categoría infantil os xogadores do Colexio Manuela Rial Mouzo, Xabier Larrañaga e Sergio Castro estarán adestrando en Dumbría co combinado galego, mentres que na categoría cadete masculina será Unai Larrañaga do Voleibol Dumbría quen forme parte da concentración que terá lugar en Boiro.
Ademais e como gran novidade, esta tempada 2 adestradores do Voleibol Dumbría pasan a formar parte do corpo técnico da Federación Galega. Gurutz Larrañaga formará parte dos Seleccionadores da categoría infantil masculina e Juan Carlos Suárez dos da infantil femenina, que estarán concentrados en Noia.
Esta concentración, de tres días de duración, será a primeira das dúas previstas antes da gran cita nacional, xa que en Semana Santa (26, 27 e 28 de marzo) os técnicos perfilarán xa a lista definitiva dos 14 xogadores que participarán no CESA 2016.
Crónicas da tempada
- As cadetes do Volei Dumbría tamén saben remontar.
- Os e as cadetes sacan do Volei Dumbría sacan as castañas do lume.
- Volei Dumbría: Os mozos ao poder.
- Máis derrotas que vitorias neste comezo de ano para a familia do Volei Dumbría.
- Case pleno para a familia do Volei Dumbría.
- As cadetes do Volei Dumbría collen carreira.
- Os infantís do Manuela Rial seguen invictos na Liga Galega Infantil de volei.
- Triple vitoria da familia do Volei Dumbría a todo un Emeve.
- O Volei Dumbría case fixo pleno de vitorias na fin de semana
- Dúas vitorias das categorías base do Volei Dumbría ante San Sadurniño.
- Os técnicos Volei Dumbría tamén supervisan as accións da base galega.
- Os sénior do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias.
- As cadetes do Volei Dumbría sucumben no tie-break ante o Zalaeta.
- Só os infantís arrincan a tempada con vitoria da familia do Volei Dumbría.
- 6 equipos do Volei Dumbría volven a competición.
Novas relacionadas
Fonte
- Volei Dumbría.