Martes. 07.05.2024
El tiempo

Os e as cadetes sacan do Volei Dumbría sacan as castañas do lume

Os e as cadetes sacan do Volei Dumbría sacan as castañas do lume
Volei Dumbria-cadetes en Naron Os cadetes do Volei Dumbría gañaron en Narón

Curta xornada para a familia do Volei Dumbría. Nunha xornada na que só se disputaron tres encontros por descanso dos maiores, os e as cadetes sumaron sendas vitorias, mentres que as infantís seguen sen amosar o seu bo xogo.

1º División Cadete masculina

  • Resultado: CV Narón - Voleibol Dumbría (0-3)

Vitoria dos cadetes do Dumbría en tres sets mantendo a boa liña desta segunda volta que ainda non perderon encontro. Victoria cimentada no certero saque de varios xogadores que permite coller unha renta suficiente para gañar o partido. Con esta victoria manteñen o cuarto posto loitando cos de Vigo pola terceira posición.

2º División Cadete femenina

  • Resultado: Voleipraia Lugo - Voleibol Dumbría (0-3).<(li>
  • Paciais: 18-25 / 22-25 / 12-25.

Volveron a senda das vitorias as cadetes de Dumbría despois de varias derrotas seguidas e o fixeron con claridade pese a estar moi xustas de banquillo. A melloría nos erros non forzados foi o que permitiu esta ansiada vitoria. Con estes puntos manteñen a 6ª praza do seu grupo.

1º División Infantil Feminino

  • Resultado: Infantil femenino Atletico Boiro - Manuela Rial Mouzo (3-0)
  • Parciais: 25-14 / 25-17 / 25-7.
As que seguen sen acadar esa ansiada vitoria son as infantís do Manuela que non conseguen rendir con acerto e ningún encontro. Seguen sendo últimas do seu grupo.

 

Vindeira xornada

Este domingo no Conco:

  • 10:30h - 2º División Infantil femenino: Manuela Rial Mouzo - Ies Ames.
  • 12:00h - 2º División Cadete femenino: Voleibol Dumbría - Teis.
 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios