55 persoas fórmanse en Carballo nas competencias clave para optar aos certificados de profesionalidade
08:06 06/04/17
competencias-clave-carballo
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, deu a benvida aos alumnos e alumnas que están a formarse nas competencias clave para optar aos certificados de profesionalidade. Son 55 persoas, divididas en dúas quendas, que teñen moi claro que precisan unha titulación que lles permita acreditar a súa experiencia, mellorar a súa situación laboral e, en moitos casos, retomar os seus estudos. O alcalde animounos a aproveitar a formación que lles ofrece a Bolsa de Traballo do concello de Carballo de forma gratuíta, e expresou unha vez máis o compromiso da concellaría de Promoción Económica e do goberno municipal coa formación e o emprego.
O obxectivo do curso organizado pola BDT - por cuarto ano consecutivo - é formar ás persoas participantes para que poidan presentarse nas mellores condicións ás probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral para o 13 de maio. As clases, de feito, prolongaranse ata a véspera do exame, que se celebrará no recinto feiral de Silleda.
Todos e todas as e os participantes recibirán catro horas semanais de formación en competencia de lingua castelá, outras catro de lingua galega, 10 de matemáticas e 2 de lingua inglesa. Con esta formación o alumnado poderá optar con maior seguridade, confianza e preparación ás probas convocadas pola Xunta de Galicia para obter o certificado de profesionalidade de nivel 2.
Novas relacionadas
- Remata o prazo para participar no curso de competencias clave de nivel 2 en Carballo
- Máis ofertas no comezo 2016 na Bolsa de Traballo do Concello de Carballo
- Traballarnacosta, o Infojobs da Costa da Morte.
- A Bolsa de Traballo de Carballo acadou 187 insercións laborais en 3 anos.
- Unha ollada aos completos cursos de Soldadura, Hostalería e Electricidade do Forum Carballo.
- 75 persoas fórmanse en Carballo co obxectivo da inserción laboral.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Carballo.