Baiuca, primeira gran confirmación para facer retumbar a Carballeira de Velar
Como pode retumbar o auditorio natural máis bonito de Galicia con Baiuca!!!
Vai collendo forma a 41ª edición da Festa da Carballeira de Zas. E o primeiro nome que trae o programa fai que a cousa soe moi ben, traendo a todo un espazo como a Carballeira de Velar a un artista como Alex Guillén (ou Alex Casanova, alcume que usou ata 2017) coa súa ecléctica proposta que mestura tradición e electrónica.
Baiuca é un referente internacional que triunfa en escenarios de todo o mundo, e o público que se achegue á Carballeira de Velar poderá gozar dun dos seus potentes directos, onde a percusión e as frautas conviven con sintetizadores para crear unha atmosfera mística e única. Tras unha intensa traxectoria de xiras internacionais, a súa presenza en Zas promete ser un dos fitos desta 41ª edición.
Zas: o corazón do folk galego.
A confirmación de Baiuca reforza a posición da Carballeira como un dos festivais máis influentes do panorama estatal. Con máis de catro décadas de historia, a cita volver ser o epicentro dunha experiencia que vai más alá da música, combinando concertos de primeiro nivel con artesanía, gastronomía e actividades familiares nun entorno natural incomparable.
Tras o éxito da apertura de vendas o pasado marzo, os abonos para os días 7 e 8 de agosto continúan dispoñibles na web oficial www.festadacarballeira.com





