A Asociación de Veciños de Fisterra preocúpase pola iluminación do porto e pola Igrexa

Dous escritos vén de enviar esta semana a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra, que preside José Fernando Carrillo Ugarte. O primeiro ía referente á polémica restauración da Igrexa Santa maría das Areas.
Sobre a Igrexa

Móllase a asociación veciñal do lado dos veciños, e no escrito enviado ao Conselleiro de Cultura e Educación pídese a reconsideración do pintado interior da igrexa. É dicir, ao existir unha oposición dun bo número de veciños a quen non lles gusta esta solución na rehabilitación de Igrexa, propoñen volver a deixar a pedra descuberta.
Ademais, alertan da existencia de filtracións e humidades da actuación exterior, xa que a auga provén da cuberta e non ten nada que ver con actuacións no interior e menos con pintura algunha. Por iso piden que se solventen eses problemas.
Teñen tamén palabras sobre o retablo do Santo Cristo de Fisterra, obra de Miguel de Romay (1721), pois entenden que se atopa en moi mal estado, unha vez que perdeu a plomada e atópase cunha inclinación que fai perigar a súa estabilidade. Ademais, producíronse desprendimientos de diversos elementos polo mal estado da madeira. De aí, a necesidade de acometer coa maior urxencia a súa restauración.
Iluminacióin do porto
Hai xa 3 semanas que o porto de Fisterra quedou sen iluminación nocturna. Por iso piden solventar a avería na instalación da iluminación da fachada marítima do porto de Fisterra, así como, nos pantalanes; substitúase o poste de alumado público situado fronte ao Aula de Pesca na mesma zona portuaria.
Ademais piden que se dea unha solución ao perigo que representan os bordillos colocados para delimitar a zona peonil por ser moi perigosos ao confundírense coas lousas. E piden tamén que se repoñan ou substitúan os bolardos desaparecidos nos últimos tempos.
Novas relacionadas
- A tensión de cor aguamarina invadíu a Igrexa de Fisterra:
- 09-10-15: O concello de Fisterra pide a Portos a reparación do alumeado do peirao.
Fonte
- Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra.