A comunidade educativa de Fisterra vólcase ca profesora denunciada


Convulsión en Fisterra a raíz da denuncia publicada por unha nai sobre o posible maltrato aos seus dous xemelgos dunha profesora do Colexio Nuestra Señora del Carmen. De contado a comunidade educativa fisterrá saltou á voz pública para defender a unha profesora que leva 37 anos traballando nestre centro relixioso e concertado, membro da rede de escolas Catolicas de Galicia e que xa cumpriu 50 anos de traballo en Fisterra.
Un centro cunha reputación innegable na vila do Cristo, cunha longa traxectoria de traballo social e unha implicación social exemplar. De aí que moitos ex alumnos e xentes achegadas ao centro, e á propia profesora implicada, saian na súa defensa publicamente.
De feito, xa está funcionando unha páxina de Facebook ”Eu apoio á mestra Carmiña”, que pretende recoller testemuñas de xentes relacionadas co centro. De feito, o debate na nosa páxina de Facebook está sendo ben arduo.
Foron varios os veciños que se puxeron en contacto con nós para defender á mestra, e calificar de moi graves as acusacións dunha “nai que actúa por vinganza”, segundo sinala algunha persoa achegada ao centro. Nas redes sociais xa lemos mensaxes como “Ante a mentira, o noso total apoio”, ou “non se pode destrozar a vida dunha persoa dunha maneira tan gratuira”.
Moitos veciños están a denunciar a actitude de provocación e mesmo acoso da nai para ca mestra, pero en todo caso, a versión da nai, que segue a negarse á levar aos fillos da escola a pesar de estar en pleno curso escolar, e que se negou tamén a realizar un proceso de adaptación curricular como lle pediron no centro, segue tendo o respaldo de varios pedagogos que consideran que a forma de falar da profesora nas gravacións é grave.
Novas relacionadas
- Denuncia o grave maltrato a dous nenos de 6 anos por unha profesora dun Colexio de Fisterra.
- Fisterra celebrou os 50 anos do Colexio Nosa Señora do Carmen.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).