![Distintas organizacions ofrecen roteiros durante a vindeira fin de semana]()
 Distintas organizacions ofrecen roteiros durante a vindeira fin de semana
Os amantes do 
senderismo están de noraboa. Cada vez son máis as entidades que organizan rutas de sendeirismo que alimentan a alma do camiñante e que poñen en valor a riqueza paisaxística e cultural da Costa da Morte. Son varias as entidades as que ofrecen unha variada oferta de roteiros para todos os públicos durante a próxima fin de semana.
	- Roteiro Meigha Lirea, en Cee
 
Este sábado, 30 de abril, desenvolverase unha ruta por Cee incluida dentro do programa 
"Andainas Coñece a Costa da Morte 2016". O 
roteiro Meigha Lirea consta dun percorrido de 10,85 quilómetros que está previsto completar en algo máis de tres horas - coa parada de avituallamento incluída -. O punto de saída (ás 10 horas) e de chegada será na Ponte Vella situado fronte á igrexa de Santo Estevo de Lires.
O prazo de inscrición nesta andaina remataás 13:30 horas de hoxe e poderase realizar na oficina do Servizo de Deportes - 2º andar concello de Cee -, no teléfono 981745100 - ext. nº 3 -ou ben no correo electrónico deportes@concellocee.es. Os interesados poden descagar o trakc desta ruta circular 
aquí.
	- Camiño dos Faros Inclusivo, en Camelle
 
Despois da experiencia da 
primeira etapa do Camiño dos Faros Inclusivo, este sábado celebraráse en 
Camelle unha nova edición deste roteiro xunto coa pre-etapa. Este proxecto inclusivo está organizado pola Ferederación de ANPAS da Costa da Morte e no que participan membros da asociación Íntegro, Un Paso Máis, Aspronaga e Aloumiños.
Neste roteiro, os participantes terán a oportunidade de coñecer en profundidade a historia de Camelle e os seus naufraxios. A cita comeza ás 17 horas no mirador de Lobeiras, en Arou para desprazarse ata a praia. Dende alí partiráse cara o 
museo de Man onde haberá unha charla histórica sobre a vila. Despois de repoñer forzas, as Traskiband ofrecerá un concerto que comeza ás 22 horas.
	- 4ª Etapa Camiño dos Faros. De Laxe a Arou
 
Este domingo, 1 de maio, os tran@os percorreran o camiño ao carón do mar que discorre entre 
Laxe e Arou. A ruta, de 17,7 quilómetros de lonxitude, comenza en Laxe coa visita ao porto e á igrexa de Santa María da Atalaya. Dende alí, os participantes dirixiranse ao faro pola ruta da Ínsua.  Xa moi próximo ao faro, os trasn@s atoparanse coa furna da Espuma e coa 
praia dos Cristais. Dende alí partiran ata o Peñón de Soesto. Os camiñantes farán aquí unha parada antes de percorrer a punta de Catasol e a praia de Arnado que os conducirá á 
praia e á lagoa de Traba.
Dende alí comeza un camiño formado, na súa meirande parte, por coídos de diferentes tamaños que forman unha paisaxe única ata chegar a 
Sabadelle, un antigo porto de baleas que pertence ao concello de Vimianzo. Este será o lugar que os dirixa ata Camelle.
	- Ruta das Mámoas, en Cabana de Bergantiños
 
Dentro do programa 
Primavera en Marcha de Senda Nova, este domingo día 1 de maio, terá lugar a ruta das Mámoas que discorre polo concello de Cabana de Bergantiños.
O roteiro, de 16 quilómetros aproximadamente, é de dificultade media-baixa. Os interesados en participar ainda poden anotarse no 696.155.232 ou no enderezo electrónico sendanova@hotmail.com
 
Novas relacionadas
Fonte
	- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)