![Os monitores ambientais sensibilizaran av vecinanza da importancia da correcta separacion de residuos]()
Dous monitores ambientais sensibilizaran á veciñanza da importancia da correcta separación de residuos
Dous monitores ambientais serán os encargados de explicarlle aos veciños e veciños que se acheguen hoxe ata a
praia de Razo as pautas para unha axeitada recollida selectiva de residuos, tratando deste xeito mellorar a concienciación ambiental da veciñanza. Os nenos e nenas que se acheguen hoxe ata o areal tamén serán partícipes da campaña
"Separemos ben, reciclaremos mellor" xa que haberá un inchable o xogo de reciclaxe de
Sogama - que é a impulsora da inciativa -.
Ademais, unha ecopatrulla formada por dous monitores ambientais percorrerá a praia de Razo sensibilizando aos presentes e facendo recollidas simbólicas de residuos. O horario previsto da actividade é de 12 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Carballo