A Xunta rexeita a abrir o Centro de Día de Corcubión


Dende 2009 leva Corcubión intentando abrir o seu Centro de Día. Quedou paralizado en 2011, e a pesar do impulso esperanzador de 2014, nunca máis se soubo del. E pode que o un proxecto tan necesario como este nunha zona emvellecida como a comarca de Fisterra, fique no intento.
A Xunta vén de respostar a unha pregunta feita pola deputada Socialista Loli Toja no Parlamento que rexeita aproveitar o inmoble, preparado polo Concello de Corcubión e a Deputación, para abrir o tan demadando Centro de Día. Mentres o Concello de Malpica tramita a apertura dun centro, a Xunta argumenta que a Cosya da Morte xa conta con dous centros dependentes do Consorcio, en Muros e Cabana, sinalando que as 45 e 34 prazas dos dous centros son suficientes.
Dende o PSOE consideran “indignante” e “carente de toda lóxica” que o goberno galego queira desviar aos usuarios a Muros e Cabana de Bergantiños, a 44 e 50 quilómetros, a alomenos unha hora de distancia. Sinala que “a Consellería semella esquecer que os usuarios destes centros dos que estamos a falar son persoas maiores e dependentes”.
Lembran ademais que o inmoble preparado polo Concello supuxo un investimento de 350.000 euros, ten capacidade para 25 persoas, unha situación inmellorable, a 1,5 quilómetros do Hospital de Cee, e está “listo para a súa posta en funcionamento de inmediato”.
Novas relacionadas
- Agosto 2017: Malpica xestiona a ampliación das horas de axuda no fogar e a creación dun centro de día.
- Novembro 2015: O BNG de Corcubión pregunta polo esquecido Centro de Día.
- Maio 2014: O Centro de Día de Corcubión ve a luz.
- Marzo 2011: O BNG de Corcubión pide á Deputación financiamento para rematar o Centro de Día.