venres. 09.05.2025
El tiempo

Arriva publica por fin na rede os horarios dos autobuses da Costa da Morte

Arriva publica por fin na rede os horarios dos autobuses da Costa da Morte
Buscador de Arriva Captura dunha búsqueda no novo buscador de Arriva. Pincha na imaxe para ir a http://buscadorv.arriva.gal/

Non era sen tempo. Todo un verán sen que os visitantes puidesen ver publicados en ningures os horarios de autobuses. Dende que Arriva se facía cas liñas de Autocares Vázquez no mes de xuño, ningunha das dúas empresas tiña publicado os horarios. Unha falta de información flagrante que demostra o esquecemento das administracións da necesidade dun sistema de transporte colectivo decente.

Porque nada fixo a Xunta (moi centrada no famoso Plan de Transporte) durante estes máis de dous meses de omisión de información, durante os cales tanto os veciños como os milleiros de visitantes que pasaron pola nosa bisbarra non puideron mirar os horarios.

Así o ratificamos dende QPC, que a través da web http://busescostadamorte.com/ (aínda por actualizar) rebicimos ducias de chamadas ao longo do verán rogando algo de información.

Pois esta semana Arriva vén de facer públicos os horarios a través dunha web: http://buscadorv.arriva.gal/. Unha web que non está ligada á web principal (onde o buscador non inclúe aínda as paradas das novas liñas) e que semella ter o mesmo buscador que o que tiña Autocares Vázquez na súa web.

En todo caso, non deixa de ser unha boa nova.

Os horarios de Arriva

Máis información

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios