Xoves. 11.08.2022
El tiempo

A Laracha Harmoniza o verán a base de conciliación

Harmoniza en Gabenlle
Harmoniza en Gabenlle
A Laracha Harmoniza o verán a base de conciliación

O servizo municipal de axuda á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que ofrece o Concello da Laracha durante o verán está a ser un rotundo éxito de participación. O Programa Harmonoza conta con 132 usuarios inscritos e unha media diaria de aproximadamente un centenar de asistentes de entre 3 e 12 anos. De 8:00h a 14:00h as instalacións do CEIP Otero Pedrayo serven de centro de operacións para estes campamentos gratuitos que permiten que as familias poidan traballar.

Sempre co acompañamento de monitores especializados, cada día os asistentes realizan xogos e actividades lúdicas, educativas e recreativas. O pasado venres puideron desfrutar dunha xornada diferente desprazándose a pé desde as instalacións do colexio da Laracha ata a área recreativa de Gabenlle.

Cabe lembrar que ata o 31 de agosto permanecerá aberto o prazo para solicitar ser beneficiario do Programa Harmoniza Ofértase ao alumnado matriculado nos tres colexios do termo municipal (CEIP Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión) para todos
os días lectivos a partir das 7:00 horas e ata o inicio da actividade no centro de ensino correspondente.

Campus Fútbol

A proposta do programa de verán da Laracha que ata o momento contou cun maior número de participantes é o campus de fútbol, que neste ano alcanzou a súa décimo cuarta edición e contou con máis de 120 nenos.
Para poder establecer os grupos de idade, a actividade, que comezou o pasado luns e rematou onte venres, levouse a cabo de xeito simultáneo en dous campos: Municipal da Laracha (nenos de 5 a 11 anos de idade) e A Porta Santa de Paiosaco (12 a 15 anos).

Unha actividade gratuita, desenvolta baixo a supervisión de técnicos e monitores especializados, diferentes exercicios
lúdico-deportivos sempre coa práctica do fútbol como marco referente.
Ademais de divertirse, puideron mellorar as súas calidades físicas, técnicas e tácticas.
 

comentarios