Venres. 29.03.2024
El tiempo

1,7 millóns para solucionar a falta de presión no abastecemento de auga da Laracha

Concello da Laracha
1,7 millóns para solucionar a falta de presión no abastecemento de auga da Laracha

 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar por preto de 1,7 M€ as obras da 1ª fase de mellora da rede de abastecemento municipal da Laracha.

Unhas obras que servirán para mellorar o abastecemento, solucionando a falta de presión de auga nalgunhas zonas e de capacidade de almacenamento para facer fronte ás demandas de auga en época estival, e dar servizo no futuro ao parque empresarial.

Para resolver estas carencias, as obras, adxudicadas á empresa Espina Obras Hidráulicas, S.A.U., e contarán cun prazo de execución de 8 meses, centraranse na ampliación da estación de tratamento de auga potable, na construción dun bombeo e dun novo depósito de auga potable, que mellore o funcionamento da rede de abastecemento do municipio. Con esta intervención a poboación servida no ano horizonte 2034 estímase en 8.559 habitantes.
 

Comentarios