300 persoas mellorarán a súa empregabilidade nos dous programas que a Xunta desenvolverá na Laracha e Carballo
11:23 25/11/21
Anunciou onte a Xunta na Laracha o impulso de dous novos Programas Integrados de Emprego (PIE), tanto no propio concello larachés como en Carballo. Dous programas que servirán para mellorar a empregabilidade de 200 persoas.
O inicio dos programas será inmediato e consistirá en itinerarios curriculares, cursos de formación, mellora das habilidades profesionais e outras medidas laborais durante un período de doce meses ao tempo que contará coa colaboración de varias empresas da contorna.