venres. 24.01.2025
El tiempo

35 comercios participan no Rasca e Gaña da Laracha

agasalla por nadal en Laracha
35 comercios participan no Rasca e Gaña da Laracha

Volve apostar o Concello da Laracha polo comercio local de cara ao Nadal. Faino a través do programa "Agasalla comercio local, ten premio", que hoxe arrinca nova fase. Os 35 comercios e empresas de servizos larachesas adheridas ao programa, que contan cunha árbore de nadal distintiva na entrada, comezarán a repartir os rasca e gaña entre os seus clientes por cada 10 euros de compra.

O Concello porá á súa disposición un total de 10.000 tarxetas, das cales 1.000 teñen un premio directo de 10 euros para empregar en calquera dos establecementos e servizos adheridos a modo de desconto en compras mínimas de 20 euros a realizar como data límite o 22 de decembro. Tamén haberá outros 21 premios directos con agasallos cedidos polas empresas participantes no programa, consistentes en produtos que se comercializan nos propios establecementos, tarxetas regalo e vales desconto.

As outras preto de 9.000 tarxetas non premiadas teñen unha segunda oportunidade. Depositándoas cos datos persoais nas urnas que estarán habilitadas nas tres bibliotecas municipais (A Laracha. Paiosaco e Caión) ata o 27 de decembro entrarán no sorteo de tres agasallos, consistentes en experiencias cultural (estancia dunha noite en Madrid e dúas entradas para asistir ao espectáculo El Rey León), turística (estancia de dúas noites para dúas persoas con acceso a spa no Augusta Eco Wellness Resort de Sanxenxo) e gastronómica (comida ou cea para dúas persoas).

Comentarios