Aberto o prazo de admisión no Viveiro industrial de empresas da Laracha
Por fin abre as portas o Viveiro Industrial de Empesas da Laracha. O edificio, situado en pleno polígono, trata de favorecer a creación e consolidación de empresas vinculadas ao sector industrial de carácter innovador.
Xa está aberto o prazo (durante este mes) para solicitudes, para as persoas físicas ou xurídicas que leven un máximo de 6 meses constituídas como empresa ou como autónomas, ou que o vaian facer nun prazo máximo de 3 meses dende a resolución de cesión e que desexen facer uso no Viveiro Industrial.
O prezo será unha taxa trimestral de 900 euros (trimestre) no caso das naves e de 180 euros (trimestre) no caso das zonas de traballo/oficina.
As empresas poderán permanecer no viveiro de empresas durante un ano con opción a unha prórroga de ata 12 meses mais.
Características
O edificio do Viveiro conta con zonas comúns para o servizo dos emprendedores industriais, cun espazo multiusos e de reunión, unha zona de espazos/postos aberta, e unha zona de naves, dividida en dous independentes con acceso independente propio e que comunica mediante corredor có edificio de servizos comúns, aseos e vestiarios. Conta ademais de dúas zonas, unha destinada a naves de uso industrial, taller artesanal ou similares, principalmente opaca, onde se ubican as 2 naves, con acceso peonil polo vestíbulo e outra independente a través dos amplos portóns eléctricos, o cal facilita o acceso a diferentes tipos de transporte ou maquinaria; e outra zona destinada a 8 oficinas/postos, servizos xerais, vestíbulo recepción, unha sala de reunión-multiusos. As empresas e/ou autónomos que se instalen no Viveiro contarán con servizo de administración- recepción, limpeza e mantemento de zonas comúns, seguridade, aparcadoiros, aseos, sala multiusos, conexión a internet e suministro básico de auta e electricidade.
Poden pedir máis información na Axencia de Desenvolvemento Local de Concello da Laracha, ubicada no Edificio Administrativo, tamén no número de teléfono 981612811 ou no e-mail [email protected].