Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Abril, mes do libro na Laracha

Mes do Libro Laracha 2023
Abril, mes do libro na Laracha

Como cada ano nestas datas, o Concello da Laracha organiza un novo programa municipal para celebrar o Mes do Libro, xa que o 23 de abril é o Día Internacional do Libro. 
A novidade desta edición do programa serán os obradoiros infantís de lettering, unha disciplina creativa que consiste no debuxo das letras. Van dirixidos a nenos de entre 8 e 12 anos de idade e ofrécense catro quendas, todas elas en horario de 17:00 a 19:00 horas:

  • A Laracha (Casa da Cultura): luns 17 e martes 18.
  • Caión (centro sociocomunitario): mércores 19.
  • Paiosaco (centro sociocultural): luns 24.

Requírese inscrición previa, que é gratuíta, cubrindo o formulario en liña que podes atopar en www.alarachal.gal ou acudindo ao Concello. O prazo ábrese o martes 11 de abril e as prazas dispoñibles outorgaranse por orde de inscrición.

O programa do Mes do Libro tamén inclúe catro sesións de contacontos infantís, con entrada será libre:

  • O venres 14 será a primeira ás 18:00 horas na biblioteca de Paiosaco con Roupa tendida, a cargo de Xarope Tulú, un espectáculo que afonda na literatura de tradición oral.
  • O venres 21 será a quenda para Animaladas, de Teatro Calavera, a partir das 18:00 horas na biblioteca da Laracha. A narración será unha apaixonante aventura cargada de humor e música que escolma algúns dos contos máis coñecidos protagonizados por animais.
  • O venres 28 TrinkeTrinke Teatro chegará ao centro sociocultural de Caión a partir das 18:00 horas con A vida na selva, na que os ratos de Lonxedetodo contan o que observaron na temporada que pasaron na selva.
  • O programa pecharase o domingo 30 a partir das 12:00 horas co contacontos para bebés (6 meses a 4 anos de idade) Leo e as cores, de Trémola Teatro, no que se axudará aos máis pequenos a coñecer e desfrutar das cores mediante o emprego de diferentes elementos sensoriais.

 

Comentarios