A AC Santa María de Torás prepara o Día da Muiñeira que contará con 14 agrupacións
330 persoas de 14 agrupacións de toda a provincia participarán na segunda edición do Día da Muiñeira. Así deron conta Concello e a Asociación Cultural Santa María de Torás na presentación do evento, que terá lugar na praza Les Sables d’Olonne da Laracha o vindeiro domingo 28 de abril
O evento principiará ás 16:30 horas coa concentración de todos os grupos na Praza do Concello. A continuación farase un pasarrúas pola Laracha ata a praza Les Sables d’Olonne.
A lectura do pregón será ás 17:30 h a cargos da coñecida regueifeira coristanquesa Lupe Blanco. De seguido, haberá un baile conxunto de todas as agrupacións ao son da Muiñeira de Berdoias. A primeira actuación individual será do grupo de pandeireteiras do Rivés e, por último, as pezas que realizarán a modo de exhibición cada un dos grupos participantes.