Luns. 29.04.2024
El tiempo

Acordo para a humanización da rúa José Manuel Ferreira Penedo

Valentin Formoso e Jose Manuel Lopez Varela alcalde laracha
Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña e José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, rubricaron o convenio de cooperación
Acordo para a humanización da rúa José Manuel Ferreira Penedo

Deputación e Concello da Laracha asinaron un acordo para confinanciar entre ambas administracións a execución do proxecto de humanización e mellora da accesibilidade na rúa José Manuel Ferreira Penedo, situada no núcleo urbano da capital municipal.
A actuación deseñada polo Concello dará continuidade a outros proxectos de similares características realizados nos últimos anos en varias vías da contorna da rúa José Manuel Ferreira Penedo. Prevese renovar o pavimento da calzada, aumentar a seguridade viaria co marcado de novos pasos para peóns e establecer o sentido único de circulación, o que permitirá gañar espazo para ampliar a beirarrúa, habilitar máis aparcamentos -contemplándose a reserva de prazas para vehículos de persoas con mobilidade reducida- e crear áreas de descanso con mobiliario urbano.

A Deputación financiará o 80 % do custe da execución das obras, valoradas en 100.000 euros, mediante unha subvención nomitativa. O Concello asumirá con fondos propios municipais o 20 % restante, ademais dos gastos derivados da redacción do proxecto.
Nos próximos días o Concello iniciará o proceso de contratación das obras de execución deste proxecto.

Comentarios