Luns. 29.04.2024
El tiempo

Adro de Vilaño presenta a súa programación anual

A VII Carreira do Apóstolo será o 13 de xullo, e tamén realizarán o Vilaño Fest, o programa das festas patronais e o Ultra Tomando 2.0.
2024.02.12.- Reunión Adro de Vilaño-Concello Laracha
O alcalde, José Manuel López Varela, e a edil de Cultura e Festas, Patricia Bello, recibiron hoxe no Concello ao presidente da asociación Adro de Vilaño, Sergi Pena, e á secretaria, Tamara Rey
Adro de Vilaño presenta a súa programación anual

Impresionante o traballo de Asociacións como Adro de Vilaño. A larachesa é unha desas entidades que dinamiza, de verdade, unha vila, un pobo, un concello. Así o recoñece tamén o Concello, que recibía esta semana á dous membros da directiva para coñecer de primeira man o programa artellado para este ano

A Carreira Popular do Apóstolo, consolidada como unha das citas deportivas de referencia do verán e que alcanza a sétima edición, celebrarase o sábado 13 de xullo pola tarde, recuperando o seu horario tradicional. Como en anteriores citas, será un percorrido de dez quilómetros con saída e meta na praza da Areosa de Vilaño.

Unha semana máis tarde, o sábado 20 de xullo, será a quenda para a nova edición do Vilaño Fest coa presenza de DJ’s galegos e nacionais de referencia que combinarán diferentes estilos.

En canto ás celebracións patronais en torno ao día do Santiago Apóstolo, Adro de Vilaño organizará catro xornadas de festas, do 24 ao 27 de xullo. O cartel anunciarase en próximas datas, pero os representantes da asociación xa lle adiantaron ao alcalde que estarán en Vilaño algunhas das máis destacadas orquestras da verbena galega.

Ademais, lembraron que o primeiro evento do ano 2024 da entidade xa está anunciado. O 23 de marzo pola noite, baixo a denominación Ultra Tomando 2.0, ofrecerase unha verbena cos DJ’s Rouss, David Bermúdez e Maqui.

Comentarios