Sábado. 04.05.2024
El tiempo

ALANAT, o ambicioso proxecto da Laracha para poñer en valor os seus recursos naturais

2024.02.06.- Presentación Alanat 1
O alcalde, José Manuel López Varela, e o xerente da Fundación Galicia Sustentable, Marcos Pérez, presentaron no Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar o ambicioso Plan estratéxico ambiental
ALANAT, o ambicioso proxecto da Laracha para poñer en valor os seus recursos naturais

Nunha época marcada por unha crecente conciencia sobre os desafíos ambientais globais, o Concello da Laracha pon en marcha de accións decisivas cara á conservación ambiental, a sustentabilidade e a participación directa da poboación larachesa neses eidos.

que, baixo a denominación ALANAT (A Laracha Natural), foi deseñado para establecer un marco estratéxico para a posta en valor funcional e de uso dos recursos ambientais do concello, e para iso aborda varios eixos de acción que inclúen:

  • a protección e mellora dos espazos naturais,
  • a promoción da educación ambiental,
  • o fomento do turismo ecolóxico,
  • o desenvolvemento de prácticas sustentables.

Considerando fundamental a implicación da poboación neste proceso, o propio documento marco de traballo establece unha serie de órganos de xestión que xogan un papel crucial no asesoramento, seguimento e implementación da folla de ruta que ALANAT establece.

Camiño da sustentabilidade

ALANAT é unha "estratexia multidimensional que busca harmonizar a relación entre a comunidade e o seu entorno natural, impulsando a sustentabilidade, a educación ambiental e o desenvolvemento económico sustentable", explican dende o Concello. "Representa o compromiso do Concello cara un futuro máis sustentable onde a conservación ambiental, a participación cidadá e o desenvolvemento económico sostible van da man para beneficio da Laracha e as súas xeracións vindeiras".

O propósito desta iniciativa é "desenvolver un marco de traballo que non só protexa e mellore a biodiversidade única da Laracha, senón que tamén fomente unha maior conexión e participación da comunidade coa sustentabilidade e crear un equilibrio harmonioso entre o desenvolvemento humano e a conservación da natureza nun medio ambiente saudable e rico".

Un enfoque integral

As 9 liñas estratéxicas de traballo definidas en ALANAT aportan un enfoque integral que engloba a conservación ambiental, o desenvolvemento sustentable, a educación e a participación comunitaria:

  • Liña 1. Restauración e conservación de ecosistemas.
  • Liña 2. Conectividade ecolóxica e paisaxística.
  • Liña 3. Adaptabilidade e resiliencia ao cambio climático.
  • Liña 4. Xestión sustentable dos recursos naturais.
  • Liña 5. Valorización e promoción dos servizos ecosistémicos.
  • Liña 6. Lecer activo sustentable e turismo ecolóxico.
  • Liña 7. Sustentabilidade e innovación ambiental.
  • Liña 8. Educación e sensibilización ambiental.
  • Liña 9. Participación e inclusión comunitaria.

Consello ALANAT

Para garantir a participación e favorecer a implicación da sociedade larachesa, a estratexia propón a constitución do Consello ALANAT, un órgano consultivo composto por expertos representantes da comunidade e outros actores chave, cuxa función é proporcionar orientación estratéxica, asesoramento experto e apoio á implementación de iniciativas.

Un lugar de referencia

O Centro de Dinamización Ambiental da Laracha é un dos proxectos principais desta iniciativa. ALANAT propón a creación na área verde do parque empresarial dun espazo multifuncional deseñado para ser o motor e o núcleo da implementación e desenvolvemento da estratexia. Un centro que actuará como plataforma para a educación ambiental, a investigación, a participación comunitaria e a coordinación de proxectos de sustentabilidade e conservación.

Máis novas

Comentarios