Martes. 23.04.2024
El tiempo

A ampliación do CEIP Otero Pedraio da Laracha segue avanzando coa aprobación do expediente de expropiación

CEIP Otero Pedraio da Laracha
A ampliación do CEIP Otero Pedraio da Laracha segue avanzando coa aprobación do expediente de expropiación

Quedou aprobado o expediente de expropiación dos terreos afectados pola primeira fase de ampliación dos equipamentos do CEIP Otero Pedrayo da Laracha. O Concello investirá 43.7078,96 euros na adquisición dos 2.696 metros cadrados de superficie –repartidos en catorce parcelas- que están afectados polo proxecto de mellora dos accesos cara o centro de ensino. Agora estará un mes en exposición pública notificando aos propietarios o xustiprezo acadado, e despois o Concello poderá licitar as obras.

Unhas obras que servirán para mellorar os accesos ao centro e para reforzar a seguridade viaria. Consisten na ampliación da estrada entre Bos Aires e As Calzadas e dá continuidade á mellora xa realizada entre O Pereiro e As Calzadas. O ancheamento da vía permitirá dispoñer de máis espazo para facilitar a circulación en ambos sentidos –especialmente importante para os autobuses do transporte escolar-, habilitar prazas de estacionamento e crear unha senda peonil para reforzar a seguridade tamén das persoas que acoden a pé ao centro de ensino e ás súas inmediacións.

Axudas á escolarización

Paralelamente o Concello informa da apertura do prazo para as bolsas de estido e as axudas do alumnado para a adquisición de material informático.
O prazo de solicitude (20 días naturais) permanecerá aberto ata o 7 de outubro. Os impresos poden descargarse en formato editable na web municipal www.alaracha.gal (apartado de “avisos”). Poden presentarse en liña a través da sede electrónica ou tamén acudindo de xeito presencial ao Concello, para o que é preciso solicitar cita previamente chamando ao 981605001.

Novas relacionadas

Comentarios