luns. 11.11.2024
El tiempo

Tres Andainas para disfrutar a primavera da Costa da Morte dende a Laracha

Andainas na Primavera
Tres Andainas para disfrutar a primavera da Costa da Morte dende a Laracha

Xa está aberta a inscrición para participar no programa Andainas na Primavera que inclúe tres tres rutas realizarán por espazos naturais de Bergantiños e de Costa da Morte.

A primeira cita será a Ruta da auga de Zas o día 24 de abril, para gozar de 3 fermosas fervenzas. A saída do bus será desde a Praza do Concello da Laracha ás 9:30 horas.

O domingo 8 de maio será a quenda para a ruta Sendeiro Laxe – Traba, de dificultade baixa e unha distancia de 7,12 km a carón do mar e bordeando a costa de Laxe, Soesto e Traba. O bus sairá, tamén, ás 9:30 horas.

O programa pecharase o domingo 22 de maio cunha ruta entre Caión e Baldaio. Trala saída do autobús desde a Praza do Concello ás 10:00 horas, partirase desde o centro sociocomunitario de Caión, percorrerase o paseo marítimo e o Sendeiro de Saldoiro para chegar á praia da Arnela e rematar a ruta na Pedra do Sal. O percorrido alcanza os 8 km e presenta dificultade baixa.

A participación vai dirixida en exclusiva a persoas empadroadas no termo municipal da Laracha. As inscricións son gratuítas e poden formalizarse desde o luns acudindo á Casa do Concello ou chamando ao 981605001.

Comentarios