Mércores. 01.05.2024
El tiempo

As premiadas da campaña "Agasalla comercio local, ten premio" da Laracha

2023.12.28.- Sorteo Agasalla comercio local ten premio na Laracha
As premiadas da campaña "Agasalla comercio local, ten premio" da Laracha

Onte realizouse o sorteo dos regalos do programa Agasalla comercio local, ten premio, a iniciativa impulsada polo Concello da Laracha co triplo obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a importancia de facer as compras no comercio de proximidade, atraer e fidelizar á clientela e subvencionar as compras dos cidadáns.

Todos os clientes dos establecementos adheridos que depositaron durante as últimas semanas as súas tarxetas rasca e gaña cubertas cos datos persoais nas urnas habilitadas nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión participaron neste sorteo, que ten os seguintes gañadores:

  • Videoconsola PlayStation 5: Ángela María Loureiro García.
  • Xamón ibérico: Juan José Cotelo Outeiro.
  • Experiencia turística: Sonia Mariño Cotelo.

Os premios serán entregados no acto que se vai celebrar o venres 5 de xaneiro ás 12:00 horas na Casa do Concello.

Comentarios