Venres. 29.03.2024
El tiempo

A auga de 4 parroquias da Laracha, non apta para o consumo

O PSdG presenta unha moción pedindo información sobre o asunto
Bando enviado polo concello da Laracha
Bando enviado polo concello da Laracha
A auga de 4 parroquias da Laracha, non apta para o consumo

A instancias da empresa concesionaria do servizo municipal do ciclo de auga, Viaqua, o Concello da Laracha declarou a da zona de abastecemento de Paiosaco como non apta para o consumo humano e alimentario. Poderase seguir empregando para calquera outra actividade.

Esta decisión tomouse con carácter temporal e como medida preventiva trala análise realizada no día de hoxe, que deu como resultado unha incidencia na calidade da auga procedente do manancial de Soandres.

Viaqua comunicou a súa previsión de resolver esta situación nas próximas horas, para o que está sendo renovada a auga do depósito do Vilar empregando como fonte de abastecemento o bombeo do río Anllóns.

Os lugares afectados son:

• Parroquia de Lestón: Paiosaco, Lestón, A Porta Santa, As Rañeiras, Fofelle, Centulle, A Cachada, A Agrela, O Igrexario, O Cruceiro, A Ganduma, A Torre
• Parroquia de Golmar: A Calvela, Lamas, O Ramallal, A Beria, A Pedra, A Tabeira, San Cristovo, Requesende, Folgueiros
• Parroquia de Coiro: As Meneiroas, Os Muíños de Abaixo, Coirón, A Ferrulleira, A Fraga, O Maseo , O Loureiro, Penso, A Pedra e O Cruceiro.
• Parroquia de Erboedo: O Toural, Campo da Ran, Cercido, O Vilar, • Parroquia de Torás: A Portela. • Parroquia de Vilaño: Marfulo e A Piña.

>Moción do PSdG

O Grupo Municipal Socialista da Laracha, a través da súa voceira María Palomi Rodríguez, rexistrou onte unha pregunta escrita onde formula preguntas para que se lle traslade a información pertinente sobre a declaración temporal como non apta para consumo humano e alimentario a auga que procede da zona de abastacemento da zona de Paiosaco, así como copia da análise realizada que deu como resultado unha incidencia na calidade da auga procedente do manancial de Soandres.

 

Comentarios