Venres. 26.04.2024
El tiempo

Avanza o proxecto de ampliación do polígono da Laracha

n marcha a construción dunha marquesiña no acceso ao Centro Comunitario de Caión
Centro Comunitario de Caion
O Centro Comunitario de Caión vai collendo forma
Avanza o proxecto de ampliación do polígono da Laracha

O pasado venres, alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, mantivo unha reunión coa xerente de Suelo Empresarial del Atlántico SEA, Beatriz Sestayo, para avanzar nas xestións encamiñadas á ampliación do polígono de Lendo. Un parque empresarial que alcanza unha ocupación próxima ao 75%, gracias ás vendas de parcelas a empresas como Inditex, Galitráns, Esmorís e Fillos, Hidroeléctrica de Laracha, Unifersa, Uniter, Desguaces Recarey e Cardemad.

Reunión A Laracha 1 05032021

A ampliación desenvolveríase cara á zona norte e supoñería mellóraa da oferta empresarial nun espazo cunha ubicación estratéxica na provincia da Coruña e que experimentou un crecente interese nos últimos anos.

Ademais, está a piques de finalizar a tramitación da modificación do proxecto sectorial, que permite aumentar as alturas permitidas nas edificaciones e suprimir o límite de superficie máxima de 600 metros en distintas áreas, entre outras medidas, para facer o polígono “máis permeable ao establecemento de distintas industrias”, subliñou Sestayo.

Nova marquesiña en Caión

Mentres, comezaron as obras de construción dunha marquesiña no Centro Comunitario de Caión, para que os usuari@s poidan esperar o bus sen mollarse. O novo elemento será de baixa estatura para evitar que tape a entrada da luz natural e as vistas ao mar no primeiro andar do inmoble.
O proxecto tamén contempla a creación dun percorrido adaptado polo exterior do edificio poder acceder a esta zona desde a beirarrúa. A actuación suporá un investimento próximo aos 48.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais.

O centro comunitario “Costa da Morte”, recentemente erguido, será unha instalación de referencia en Caión e reforzará a cobertura en infraestruturas públicas da vila, abrindo novas posibilidades para ofrecer servizos, programas e iniciativas de interese xeral. O deseño do singular edificio está vinculado á historia de Caión ao presentar unha forma exterior curva que recorda ao lombo das baleas, especie que se cazou no porto durante os séculos XVI e XVII. O inmoble será plenamente multidisciplinar ao contar con oficinas administrativas –a unha delas serán trasladadas as dependencias da Confraría de Pescadores-, aulas polivalentes, auditorio e espazos de exposicións. A súa superficie total, incluíndo zonas comúns, aseos e almacéns, alcanza os 882,60 metros cadrados. O proxecto tivo un orzamento de 1,2 millóns de euros.
Ademais, o Concello investiu outros 35.000 euros en amoblar todas as estancias e na dotación do equipamento audiovisual do auditorio. As actuacións estanse a facer de xeito simultáneo á creación da marquesiña para poder dispoñer do novo edificio plenamente funcional á maior brevidade.

Centro Comunitario Caión

Comentarios