Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A A.C. Santa María de Torás ultima os preparativos para o I Día da Muiñeira da Laracha

Presentación I Dua da Muineira Laracha
A presidenta da Asociación Cultural Santa María de Torás, Almudena Martínez, e dous directivos da entidade, Raúl Tova e Iria Bolón, presentaron ao alcalde, José Manuel López Varela, e á concelleira de Cultura, Patricia Bello, a I edición do Día da Muiñeira da Laracha.
A A.C. Santa María de Torás ultima os preparativos para o I Día da Muiñeira da Laracha

A tarde do domingo 14 de maio ten unha cita sinalada na Laracha. A Asociación Cultural Santa María de Torás realizará I Día da Muiñeira da Laracha. Xa son 10 os grupos de toda Galicia que confirmaron a súa participación neste evento tradicional, pero seguro que acaban sendo o doble.

O evento principiará ás 16:30 horas coa concentración de todos os grupos na Praza do Concello. A continuación farase un pasarrúas ata a praza Les Sables d’Olonne (explanada fronte a biblioteca da Laracha), onde estará montado o escenario. Trala presentación da xornada e a lectura do pregón, todos os grupos farán un primeiro baile en conxunto, A muiñeira dos nenos.

A continuación terán lugar as actuacións individuais de cada grupo, que serán valoradas polo xurado encargado de outorgar os tres premios ao mellor acompañamento musical, mellor vestiario e mellor actuación. Polo feito de participar cada grupo recibirá un trofeo conmemorativo como agasallo.

I Dia da Muiñeira Laracha 2023

Comentarios