Venres. 29.03.2024
El tiempo

As camisetas solidarias de Adro Vilaño repercuten nas arcas de Cáritas

Adro Vilano entrega a Caritas
As camisetas solidarias de Adro Vilaño repercuten nas arcas de Cáritas

Durante o pasado mes de xullo, a Asociación de Veciños Adro de Vilaño lanzaba unha edición especial da camiseta da Carreira do Apóstolo. Unha campaña da cal unha parte dos beneficios terían carácter solidario, como se ratificou este mesmo domingo.

Unha comitiva da Asociación fixo entrega ás dúas responsables de Cáritas da Laracha e o párroco de Vilaño, do
cheque solidario de 300 euros tras a finalización da venta de camisetas solidarias.

Un xeito veciñal de contribuír coas persoas con maiores dificultades debido á difícil situación económica e social provocada pola crise do covid-19.

Comentarios