Carballo, Camariñas e A Laracha reciben os distintivos dos seus Sendeiros Azuis

O Sendeiro de Saldoiro de Caión (A Laracha), a Ruta Litoral de Camariñas e a Senda do Mar Razo-Baldaio (Carballo) recibiron un ano máis o distintivo Sendeiro Azul da asociación ADEAC, a mesma entidade que entrega as Bandeiras Azuis das praias.
Se ben a entrega das bandeiras celebrada onte en Las Rozas, non puido asistir ninguén responsable municipal camariñán, si que acodiron o coordinador de Protección Civil do Concello de Carballo, Javier Souto, emais o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e o edil Pablo Cambón representando ao Concello da Laracha.
O distintivo destaca o compromiso das administracións públicas na recuperación e posta en valor de itinerarios que promoven a educación ambiental e o desfrute sostible das súas contornas naturais.
As 3 rutas costeiras están entre os 128 sendeiros azuis recoñecidos en toda España, conformando unha rede que acada xa os 869 quilómetros.