Xoves. 25.04.2024
El tiempo

CEIP Ramon Otero Pedrayo da Laracha estrea Biblioteca

Biblioteca do CEIP Otero Pedrayo da Laracha
CEIP Ramon Otero Pedrayo da Laracha estrea Biblioteca

O pasado venres, o CEIP Ramon Otero Pedrayo da Laracha viviu un día especial coa reapertura da Biblioteca Escolar trala unha remodelación. Tras ser seleccionado o proxecto presentado ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta, levaron a cabo esta restruturación do espazo que pasa a ter 163 metros cuadrados de biblioteca, un espazo para a radio escolar e unha saída ao exterior para "sacar" os libros ao entorno do centro.

Con “esta nova distribución, créase un espazo multidisciplinar, educativo, creativo, motivador e atractivo para o alumnado arredor do que xirarán moitos dos proxectos do centro”, explica o director do centro Juan Manuel Ramos Varela, que ademais agradece a colaboración de todas as administracións na aportación económica e de material.

Deste xeito, a partir de este mesmo luns, o alumnado poderá disfrutar de novos proxectos.

Biblioteca do CEIP Otero Pedrayo da Laracha 2

Novas relacionadas

Comentarios