Venres. 26.04.2024
El tiempo

O CEMMA realiza este sábado un simulacro de rescate de mamíferos mariños en Caión

Actividade CEMMA Caion
O CEMMA realiza este sábado un simulacro de rescate de mamíferos mariños en Caión

Xa está aberta a inscrición para participar este sábado 12 de novembro na actividade de simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños que se vai celebrar a partir das 11:00h na praia de Caión. A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), coa colaboración do Concello da Laracha e da Deputación da Coruña, pretende dar as claves para que a veciñanza saiba como actual no caso de atopar un animal desas características no areal para ofrecerlle os primeiros auxilios e a asistencia oportuna para aumentar as súas posibilidades de supervivencia.

A iniciativa vai dirixida a persoas de todas as idades e é apta para o público familiar. A inscrición xa está aberta, é gratuíta e debe formalizarse enviando un correo electrónico cos datos dos participantes a [email protected].
Ademais de realizar o obradoiro, a CEMMA tamén cederá equipamento á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para facilitar a intervención ante rescates dese tipo.

Andainas

Así mesmo, o Concello informa que xa está aberta a inscrición para as tres andainas, como a deste vindeiro xoves formulada para maiores de 55 anos que percorrerá o fermos Río Acheiro.

As inscricións son gratuítas e xa poden formalizarse cubrindo este formulario ou ben acudindo á Casa do Concello ou chamando ao 981605001.

Comentarios