Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Centro Comunitario de Caión acolle a exposición "Fillos do Océano"

Na inauguración de hoxe contouse coa asistencia de José Manuel López Varela, alcalde da Laracha; Juan Manuel Pazos Álvarez, director da oficina de ABANCA na Laracha.
O Centro Comunitario de Caión acolle a exposición "Fillos do Océano"

Xa está aberta, ata o vindeiro 30 de outubro, no novo Centro Comunitario Costa da Morte de Caión, a exposición "Fillos do Océano", gracias á colaboración da Afundación, ABANCA e o Concello da Laracha. Trátase dunha síntese das mellores imaxes que o fotógrafo Javier Teniente tomou, durante varios anos, nunha viaxe por comunidades pesqueiras tradicionais de todo o mundo.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural» que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Teniente visita lugares de India, Senegal, Vietnam, Sri Lanka, Madagascar ou mesmo Galicia, comproban do o sufrimento xerado polo o esgotamento dos recursos mariños por sobreexplotación ou por causa da contaminación.

O horario de apertura o centro é de 17.00 a 20.00 h, e sábados, de 10.00 a 13.00 h.

Comentarios