250 locais da Costa da Morte únense ao Bono Comercio
A delegada da Xunta, Belén do Campo, estivo onte na Laracha e visitou, xunto ao alcalde, José Manuel López Varela, dous dos establecementos comerciais adheridos á campaña Bono Activa Comercio.
A comitiva visitou a Mercería Avelaíña e a Xoiería Cristóbal para dar conta do agotamento dos fondos do Bono en apenas 5 días.
Lembraron que son máis de 250 locais que se uniron a esta iniciativa na comarca de Bergantiños-Costa da Morte, o que pon de manifesto a utilidade desta proposta para o comercio local, que permite que a veciñanza poida descargar descontos de ata 30 euros, co propósito de incidir na fidelización e na apertura a novos clientes para o tecido comercial galego.
Cómpre recordar que os negocios que desexaron participar nesta iniciativa levaban adheríndose desde o 16 de abril, mentres que as persoas consumidoras interesadas puideron descargar os seus bonos de desconto na web www.bonosactivacomercio.gal desde o pasado día 26. Ao igual que en anteriores ocasións, cada persoa podía descargar un único bono.