Xoves. 05.08.2021
El tiempo

O Concello da Laracha completou a expropiación dos terreos do Menhir de Erboedo

Novas novas na rede de abastecemento da Laracha
Menhir de Erboedo na laracha copia
Menhir de Erboedo
O Concello da Laracha completou a expropiación dos terreos do Menhir de Erboedo

No marco do proxecto do Parque do Megalitismo, o Concello da Laracha completou a expropiación dos terreos do menhir de Erboedo, tamén coñecido como marco da Anta ou pedra do ghicho. Xa son de titularidade municipal ps 4.651 metros cadrados repartidos en tres parcelas catastrais e cualificadas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como solo rústico de protección integral de patrimonio e solo rústico de protección forestal ou de montes.

O Concello continúa así, paseniño, co seu Plan Especial de Patrimonio Cultural para protexer outros seis elementos e ir avanzando na súa adquisición: Castro de Montes Claros, Castro da Pena, Croa de Santa Baia, as Torres de Cillobre e os dous Fornos dos Mouros de Soandres.

Mellora da rede de abastecemento

O Concello ten en fase de execución un amplo proxecto dirixido a mellorar a rede principal de distribución de auga que dá subministro ao núcleo urbano da Laracha e a outras entidades de poboación próximas á capital municipal. A intervención afecta a un tramo duns trescentos metros de lonxitude a ambas marxes da Avenida Fisterra desde o seu punto de confluencia coa rúa Santiago e ata o lugar das Torres de Cillobre.
Foi e será necesario realizar varios cortes de suministro, pero se realizarán en horario nocturno.

Eliminada a pasarela do patio do CEIP Alfredo Brañas

Paralelamente, durante as vacacións, estanse realizando intervencións de mellora nos tres colexios do municipio de cara á posta a punto para a próximo curso escolar. Unha delas é a eliminación da cuberta que existía na zona do patio do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, xa que presentaba danos, ecarecía de función .
Neste mesmo colexio executarase unha intervención para mellorar as condicións da outra cuberta, a da pasarela que comunica os dous edificios.

Novas relacionadas

comentarios