Luns. 29.04.2024
El tiempo

Confirman a existencia dun campamento romano sobre o Castro de Santa Baia, “un caso único en Europa”

Visita guiada no castro de Santa Baia-Laracha
Visita guiada no castro de Santa Baia
Confirman a existencia dun campamento romano sobre o Castro de Santa Baia, “un caso único en Europa”

Semana intensa a vivida na Laracha, un concello que se ten convertido nos últimos anos en referente no marco da investigación arqueolóxica tanto no Castro de Montes Claros como neste campamento romano de Santa Baia (na parroquia de Soandres).

Descuberto apenas en 2019, trátase dun caso único en Europa, ao tratarse dun campamento romano que envolve completamente un castro. Falamos dun campamento dunhas 5 hectáreas, que vén a confirmar a presenza militar do imperio romano no noroeste da península. Preto deo 3.000 soldados poderían residir neste campamento segundo as informacións de Roman Army no marco destas excavacións realizadas pola empresa Tempos Arqueólogos a través dun convenio subscrito entre a Deputación da Coruña e a Universidade de Salamanca, coa colaboración do Concello da Laracha.

A intervención serviu para confirmar que “a estrutura que envolvía o castro de Santa Baia era unha fortificación militar romana”, composta por un terraplén e un foxo. Queda pendente a datación para poñer contexto histórico ás expedicións militares romanas na zona.

Castro Santa Baia Laracha 2023

Esta primeira intervención permitiu ademais facer unha visita guiada á zona. 117 persoas atenderon ás explicacións do equipo de investigadores. “O patrimonio cultural interesa e emociona”, recoñecen orgullosos os membros da expedición.

Castro Santa Baia Laracha 2023 3
O Outeiro de Santa Baia

Novas relacionadas

Comentarios