Arrincou a nova campaña arqueolóxica na Croa do Castro
10:40 12/05/23
2 anos e medio despois dos fantásticos resultados das primeiras excavacións na Croa do Castro, que deixaban claro que hai polo menos 10 casas circulares e un muro de 6 metros de ancho, o Concello de Malpica volveu poñer en marcha uns novos traballos de investigación arqueolóxica.
Grandes novas pois para a parroquia de Cerqueda, que rescata o que foi un dos grandes exemplos autonómicos da arqueoloxía social aló polo 2015, e que agora volverá afondar sobre a nosa historia, sobre o noso patrimonio.
É Antón Fernandez Malde, director científico da colección do Castro das Travesas, o que dirixe os traballos.
HISTORIA DO PROXECTO DA CROA DO CASTRO
- Decembro 2020: A Croa do Castro alberga un barrio con 10 casas circulares e un muro de 6 metros de anchura.
- Xullo 2020: A Croa do Castro volve abrirse á arqueoloxía social
- Xullo 20: Xosé Manuel Varela describe a Croa do Castro para Senda Nova.
- Xullo 2019: Malpica tala a contorna a Croa do Castro para poder escavar o xacemento.
- 2018: A Croa do Castro, unha visita monumental para a Semana Santa.
- Abril 2015: Os voluntarios descobren a porta orixinal da Croa do Castro de Cerqueda.
- Febreiro 2015: Os veciños de Cerqueda presumen da súa Croa do Castro.
- 2013: Croa do Castro: A arqueoloxía oleira.