Venres. 26.04.2024
El tiempo

A construtora J. Esmorís ampliará as súas instalacións no Polígono da Laracha

Beatriz Sestayo e J Esmoris
J. Esmorís xunto coa presidenta de SEA Beatriz Sestayo
A construtora J. Esmorís ampliará as súas instalacións no Polígono da Laracha

A empresa de construción “J. Esmorís e Fillos” vén de confirmar a compra dunha nova parcela, de 675 metros cadrados, do parque empresarial da Laracha. Por un importe próximo aos 45.000 euros, poderá ampliar as instalacións coas que xa conta nesta área industrial, na que emprega a cerca de 50 persoas.

       A xerente de SEA, Beatriz Sestayo, puxo en valor a puxanza deste polígono industrial, no que no último ano 2022 xa se adxudicaron até 12.633 metros cadrados (catro parcelas).
En 2021, chegáronse a adxudicar até 48.603 metros cadrados a compañías como o Grupo Revi ou a unha empresa de construción dA Coruña, entre outras.

       O parque empresarial da Laracha dispón dunha superficie bruta de 825.249 metros cadrados e neta de 537.925 e ofrece espazo para aloxar empresas do sector industrial e terciario.

Parque Empresarial da Laracha-Aerea

Comentarios