Martes. 07.05.2024
El tiempo

Convocan unha limpeza voluntaria ante a agresión continua á praia das Salseiras

Lixo plastico pellets praia salseias caion
Lixo na praia das Salseiras
Convocan unha limpeza voluntaria ante a agresión continua á praia das Salseiras

Estes da imaxe non son pellets de plástico procedentes dalgún dos moitos barcos portacontedores que pasan polo Corredor Marítimo de Fisterra, senón, pellets de plástico que veñen de terra firme, milleiros deles, dos que cómpre investigar, dunha vez por todas, cal é a súa orixe.

Mar de Fábula denuncia que existe unha "agresión ambiental, calada, crónica, da que ninguén fala, desta materia prima perdida por algunha fábrica e que chega mesturada con multitude de microplásticos secundarios e residuos hixiénico-sanitarios, intoxicando a fermosa praia das Salseiras dende hai moitos anos".

Por iso, Mar de Fábula fai un chamamento a todas as persoas voluntarias dispostas a participar o vindeiro domingo, 7 de abril, na limpeza da praia das Salseiras de Caión e na recolllida dos pellets de plástico que, de maneira crónica, veñen contaminando por milleiros este areal.

A cita sera ás 11.00 horas partindo do aparcamento situado mesmo ao pé da praia.

A efectos das cobertura obrigatoria de seguro para accións de voluntariado ao aire libre, cómpre anotarse, antes das 12.00 horas do sábado, con nome, apelidos e DNI no correo: [email protected]

Máis novas

Comentarios