Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Corredor de Fisterra, “o Gran Bazar Internacional do lixo”

Lixo plastico do Corredor de Fisterra recollido en Camarinas
Diverso lixo plástico internacional chegado dende o Corredor de Fisterra recollido nos areais de Camariñas
O Corredor de Fisterra, “o Gran Bazar Internacional do lixo”

Así o saca en conclusión o colectivo Mar de Fábula despois da limpeza realizada este pasado domingo no areal de Reira, en Camariñas. Un espazo natural salvaxe, que contradí a a estatística máis usada da orixe do lixo mariño, que sinala que o 80% procede de terra, e o 20% procede do mar. Esta estatística non vale para lugares como o de Reira, onde a actividade pesqueira e marítima é a predominante.

limpando os coidos do Cabo Vilan

O grupo, formado por 14 voluntarixs de toda a comarca, rescataron das zonas costeiras 16 sacos de 100 litros co seguinte contido: infinidade de anacos de porexpan, botellas de auga, envases de comida e bebida, anacos de caixas, botas de auga, aparellos de pesca, cabos de todos os tamaños, paos de batea de mexillón, un bidón, plástico duro e brando de todos os tamaños, etc... mesmo unha estacha de 14 metros…

”Sospeitamos que case todo o lixo retirado procede da actividade no corredor marítimo de Fisterra que despóis do estreito de Xibraltar é o segundo punto con maior tráfico da España”, explican dende Mar de Fábula caificando a zona como “o Gran Bazar Internacional do lixo.

Lembran que o Corredor consta de catro canais para a navegación, estando o máis próximo á costa á 22 millas (40,7 km), e por el pasan 40.000 barcos ao ano. As imaxes de envases escritos en inglés, chino. árabe, turco, etc… demostran a cantidade de embarcacións que incumplen o anexo V do convenio MARPOL (Convenio Internacional para previr a contaminación polos buques), que prohíbe tirar a mares e océanos todo o lixo plástico retirado estes días.

”Non é o noso lixo pero sí é o noso planeta”, lembran dende Mar de Fábula, animando á sociedade a unirse a estas citas voluntarias.

Limpeza no Reira

Mar de Fabula limpando o Cabo Vilan

Máis novas

.

Comentarios