Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Denunciado un larachés por escapar tras provocar un accidente

Atestados en Laracha
Denunciado un larachés por escapar tras provocar un accidente

O pasado 6 de marzo, rexistrábase un accidente entre un turismo e unha moto no punto quilométrico 2,400 da estrada AC- 400. Ao lugar acodían os axentes da Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña, que comprobaban que o condutor do turismo abandonara o lugar do accidente co seu vehículo.

Os gardas civís solicitaron a presenza do Equipo de Atestados para a realización das xestións pertinentes e a recolleita de vestixios que conducisen á identificación e a localización do condutor fuxido, que resultou ser un vecilo da Laracha, procedendo á súa investigación como suposto autor dun delito de condución temeraria, outro delito de abandono do lugar do accidente e un terceiro delito de lesións por imprudencia, ao necesitar o condutor asistencia médica polas lesións producidas no accidente.

Comentarios