Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Deteñen un home por agredir sexualmente a unha menor nunhas festas da Laracha

  • O Xulgado de Carballo decretou o ingreso en prisión, comunicada e sen fianza, para o detido.
garda-civil-recurso
Deteñen un home por agredir sexualmente a unha menor nunhas festas da Laracha

A Garda Civil detivo esta fin de semana a un home por un suposto delito de agresión sexual a unha menor, de 17 anos de idade. A agresión desenvolveríase durante as festas parroquiais da Laracha na noite do sábado ao domingo, e ante a mirada de moitas persoas.

O home chegaría a bicar e realizar tocamentos á menor, momento no cal foi increpado por veciños, que alertaron á Garda Civil. Os axentes detivérono e trasladárono a dependencias do Instituto Armado na Laracha, á espera de pasar a disposición xudicial.

Comentarios