Luns. 07.10.2024
El tiempo

Dous meses do mellor cine galego na Laracha da man do Ciclo Mestre Mateo

CICLO MESTRE MATEO laracha 2024
Dous meses do mellor cine galego na Laracha da man do Ciclo Mestre Mateo

O Ciclo Mestre Mateo chega ao Concello da Laracha convertendo as instalacións culturais de referencia do municipio en salas de cine nas que a cidadanía poderá desfrutar dunha programación de calidade e de produción galega composta polas longametraxes, documentais e curtametraxes finalistas dos premios de referencia do audiovisual galego, os Mestre Mateo, do ano 2024. 

A programación presenta unha oferta ampla, variada e dirixida tanto ao público infantil como, nalgúns casos, a maiores de 12 anos de idade. A relación de datas, horarios, lugares e proxeccións é a seguinte: 

  • 5 de outubro. Fatum. Casa da Cultura da Laracha. 22:00 h.
  • 11 de outubro. O corno. Centro Sociocomunitario de Caión. 22:00 h.
  • 19 de outubro. Os espazos en branco (documental). Casa da Cultura da Laracha. 22:00 h.
  • 2 de novembro. A viaxe de Lucy (documental). Centro Sociocultural de Paiosaco. 22:00 h.
  • 9 de novembro. Curtametraxes de imaxe real. Casa da Cultura da Laracha. 22:00 h.
  • 16 de novembro. Matria. Centro Sociocultural de Paiosaco. 22:00 h.
  • 23 de novembro. Chichi e mais eu (documental). Centro Sociocomunitario de Caión. 22:00 h.
  • 24 de novembro. Salta. Casa da Cultura da Laracha. 17:00 h.
  • 30 de novembro. Emoción vida e teatro (documental). Casa da Cultura da Laracha. 22:00 h.

A asistencia para o público será libre e gratuíta ata completar aforo, sen necesidade de reserva previa de entradas.
Tamén se inclúe na programación a proxección de curtametraxes de animación dirixida exclusivamente ao alumnado do IES Agra de Leborís que se realizará nunha data aínda por determinar.

O proxecto é impulsado pola Academia Galega do Audiovisual e cofinanciarase polo Concello, a Xunta de Galicia a través de Agadic e a área de Cultura da Deputación da Coruña. 

Comentarios